viernes, 28 de noviembre de 2014

Reflexión individual Marco Instrumental



Antes de comezar a profundizar en que vimos en cada tema teño que decir que as miñas expectativas neste módulo 3 sobre o Marco Instrumental eran moi altas xa que eu apenas teño coñecementos sobre a orientación laboral debido a que nunca traballei neste ámbito e posuio información moi vaga sobre este tema. Con respecto a estas expectativas teño que decir sinceramente que non se viron cumpridas xa que penso que a este módulo non se adicou moito tempo nas clases presenciais con respecto a outros módulos que si se lle adicou mais tempo e non me parecían tan importantes coma este. Dito esto comezo a reflexionar sobre cada tema.


No tema 11 A Intervención Laboral vimos os modelos de intervención (didáctico, de asesoramento e centrado nos recursos) como ferramentas flexibles que son utilizadas en función dos colectivos, do tipo de actuación planificada e dos obxectivos e fins programados.
Tamén vimos o marco metodolóxico de intervención en España. A Orientación Laboral no noso país carece dun marco académico determinado e os profesionais acceden dende distintos contextos formativos. Coa publicación do Plan Nacional de Acción para o Emprego, consolídase a atención individualizada como a máis adecuada para desenvolver a Orientación Profesional.
O modelo de metedoloxía de intervención consta de catro elementos básicos: a entrevista, un sistema facilitador de inserción, unha estratexia xeral de intervención e basada en itinerarios.
Os principios nos que debe basearse a Orientación Laboral son a individualización, a flexibilidade e o desenvolvemento da autonomía.
Neste tema tamén se describiu o perfil do orientador laboral coas súas funcións e competencias e falouse do colectivo das persoas con discapacidade e o proceso de orientación e inserción laboral con este colectivo.


No tema 12 Os Itinerarios de Inserción tratouse a necesidade dun modelo de Orientación laboral nos itinerarios, describindo as características dos mesmos (consta de tres fases: un diagnóstico personalizado, unha intervención orientadora e unha supervisión continua) e tratando o esquema base (acollida, orientación, formación, formación en contexto laboral, intermediación, ocupación e peche) e a metodolocía para a elaboración dun deles.





No tema 13 Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións falouse da entrevista de orientación laboral que ten como finalidade determinar a adecuación do/a candidato/a a un determinado posto de traballo e é un instrumento que se emprega fundamentalmente con obxectivos de asesoramento por unha banda, e por outra como medio de selección de persoal. Describíronse as funcións de cada un na mesma, os tipos de entrevista que hai  e os aspestos a ter en conta antes da entrevista, o que se debe evitar nela e as partes das que consta unha entrevista. Ademais tamén se describiu en profundida en que consiste a entrevista de selección por competencias.
Para finalizar o tema vimos cómo se desenvolve a Orientación laboral na Unión Europea.


No tema 14 Análise de perfís profesionais e prospección de emprego fíxose unha análise dos postos de traballo, describíronse os pasos para guiar á persoa usuaria: listar fontes onde buscar a información, buscar e recoller información pertinente, valorar intereses e motivacións, análise funcional e transferencia das competencias...  e tamén se describiu o traballo con grupos de usuarios. Falouse dos novos perfís profesionais que xurdiron nos últimos tempos cos cambios no mercado de traballo e, por último, tratouse o tema da prospección empresarial, definindo a prospección como "a acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre o colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade social.” 
Describíronse as fases da prospección (preparatoria, planificación, traballo de campo, avaliación e seguimento) e as fontes de información para a prospección.





No tema 15 Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego comezamos falando do proceso de selección e as canles de procura de traballo, seguimos co curriculum vitae e as cartas de presentación, definíndoos e vendo o contido de cada un , os modelos, as recomendacións a transmitir aos usuarios...
Tamén falamos das entrevistas de selección e outras probas existentes coas que se poden atopar os usuarios e do networking e,por útimo, falouse dos recursos existentes para o autoemprego.


No último tema, o 16, falouse en profundidade de cómo Elaborar o Plan de Empresa, describindo cada unha das súas partes. Tratouse a introducción, o estudo de mercado, a análise dafo, as variables da mercadotecniaa segmentación do mercado e a estratexia, a previsión de vendas, a análise económica-financieira dun proxecto empresarial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario