A CURACIÓN DE CONTIDOS
Para
min, é un concepto novo (como tantos) que descubro a raíz do curso, o que
considero que é un recurso práctico xa que o tempo é escaso e non podemos “perdelo”
navegando por internet.
Entendo
que internet trouxo moitas cousas novas, cambia o noso mundo por completo e
para sempre. Internet é unha fonte inmensa de oportunidades e sobre todo de
información. Información que se duplica cada hora e que multiplica o sentido da
existencia da curación de contidos e a análise da información.
E é que
tanta proliferación de contidos fai que nos afoguemos literalmente cunha sobrecarga
de información: INFOXICACIÓN.
¿QUE É A CURACIÓN DE CONTIDOS?
A
curación de contidos consiste en buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións
relevantes para distribuílos de forma segmentada.
A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou infoxicación.
A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou infoxicación.
O
sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de
información e evitar a saturación por exceso de información.
O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático, máis ou menos automatizado que nos aforre tempo e facilite a toma de decisións.
O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático, máis ou menos automatizado que nos aforre tempo e facilite a toma de decisións.
En
definitiva, a curación de contidos permítenos salvar o problema do exceso de
información dunha forma sistemática e sinxela.
Estas
son só algunhas das moitas ferramentas para axudar na curación de contidos.
Interesantes para utilizar no meu día a día e para facilitar o meu traballo.
Recoñezo
que son super útiles, axudan a aforrar tempo e permiten encontrar contidos que
ao mellor doutra forma non tivera coñecido.
Feedly é un lector RSS e permítenos agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes de noticias. Só fai falta engadir as páxinas do noso interese e teremos nun só lugar todas as actualizacións que se vaian xerando.
É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo,
ter organizadas as nosas fontes favoritas e non perdernos ningún contido.
O seu
maior atractivo é a súa simplicidade e a posibilidade de ter centralizada toda
a nosa información.
Scoop.it é unha
ferramenta de curación de contidos ideal para facer buscas polos nosos temas de
interese, seleccionar contidos, gardalos por categorías e compartilos coa nosa
comunidade.
Funciona
creando topics onde
recompilamos os contidos que máis nos gustan sobre un tema determinado.
Ofrécenos
unha gran cantidade de suxestións de artigos e publicacións segundo as áreas de
interese e palabras clave que seleccionamos e nos permite crear tantos topics como queiramos.
Podemos
etiquetar os nosos contidos, facer anotacións e compartir en redes sociais.
A
captura do meu primeior SCOOP.IT
Recoñezo
que son super útiles, axudan a aforrar tempo e permiten encontrar contidos que
ao mellor doutra forma non tivera coñecido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario