miércoles, 5 de noviembre de 2014

Entorno persoal de aprendizaxe (PLE)

O meu entorno persoal de aprendizaxe ou PLE

A verdade é que a primeira vez que escoitei falar do PLE foi neste Curso de Posgrao fai xa unhas cuantas semanas. O certo é que me pareceu algo complicado e que cando me enterei de que unha das tarefas que había que realizar era o teu propio PLE só me alegrou ler que ata novembro non había que presentalo, así que malo sería que non lle puidera dar unhas voltas, pero...eu creo que non teño diso...(pensei naquel momento).

E así foi, primeiro intentei clarificar qué era un Entorno Persoal de Aprendizaxe ou PLE
Segundo a definición de Linda Castañeda e Jordi Adell (1) "é o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender". É dicir,  o conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para alcanzar diversas metas vinculadas á adquisición de novas competencias. 

Un PLE pode estar formado dun ou varios subsistemas, servizos web, redes sociais, aplicacións... O PLE é o entorno onde aprendemos usando eficientemente as tecnoloxías. Hoxe en día calquera usuario das novas tecnoloxías pode ser creador e proveedor de información, así como consumidor. A información está a fluír constantemente e é canalizada en función dos intereseses de cada persoa. A aprendizaxe a través do PLE supón o desenvolvemento da nosa competencia de comunicación dixital, consumindo pero creando ao mesmo tempo os nosos propios contidos ou recursos e compartíndoos. 

En realidade, tendo estos conceptos claros e organizándoos si que podo facer o meu entorno persoal de aprendizaxe, que, citando de novo a Jordi Adell, xa que "un PLE se desenvolve ao longo do tempo", a data de hoxe consta de dúas ferramentas novas que nunca utlilizara pero que si me parecen moi útiles e que son as de filtraxe ou curación de contidos (ver entrada de curación de contidos). 

Ben, pois aquí vos deixo o meu entorno persoal de aprendizaxe que representei a través de interseccións de conxuntos porque en realidade hai ferramentas que utilizo en diferentes sentidos e con varias finalidades (como entrada e saída de información á hora de buscar, crear e compartir,...).


(1) Castañeda, L & Adell, J. (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el Ecosistema Educativo en Red.

No hay comentarios:

Publicar un comentario