jueves, 13 de noviembre de 2014

Reflexión Bloque 2


Reflexión Individual do Marco Persoal da Orientación Laboral

Este segundo módulo empezámolo facendo referencia á orientación laboral na súa orixe como un estudo e análise puntual posto que tiña continuidade durante toda a vida laboral.

Na actualidade debido ó alto porcentaxe de desemprego e a flexibilidade e inestabilide laboral fixo necesario un cambio na orientación laboral pasando a ser un proceso de mediación no ámbito profesional e laboral ao longo de toda a vida.

Tendo en conta isto, as funcións e tarefas do Orientador Laboral deben ir adaptándose de forma permanente aos cambios, o que esixe unha formación continua para poder responder ás necesidades que demanda a sociedade.






En canto ás competencias podemos defínilas como o conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes que unha persoa posúe, abarcando aspectos técnicos da profesión, de carácter metodolóxico, participativo e persoal. O orientador laboral debe:

§  Saber: coñecementos, aptitudes ou competencias técnicas.

§  Saber facer: destrezas ou competencias metodolóxicas.


§  Saber ser: actitudes ou competencias participativas.

§  Saber estar: competencias sociais.





Un bo coñecemento das nosas competencias incide en:

ü  Mellor organización de prioridades.

ü  Mellor coñecemento das  fortalezas e éxitos.

ü  Mellor xestión dos recursos potenciais.

ü  Avaliación e motivación.

ü  Maior consciencia das posibilidades de mellora.




E para levar a cabo todo o anterior o orientador debe dominar as seguintes competencias básicas:

Competencias Comunicativas:


Comunicación verbal e non verbal axeitada. Habilidade para transmitir.Saber escoitar: escoita activa.Habilidade para xestionar os silencios.Capacidade de empatía.

Competencias para o manexo de grupos


Capacidade de planificación e organización, dinamización de grupos, de motivación e de resolución de problemas e conflictos.


Competencias persoais

Tolerancia. Empatía. Asertividade. Resistencia á frustración.

E, como non,  as Competencias dixitais, a transformación dixital significa asumir que cambiamos para sempre a forma en que nos comunicamos, nos informamos, traballamos, nos relacionamos ou protestamos. 

No ámbito laboral teñen vantaxe os profesionais que integraron mellor ambos os dous mundos ata convertelos nun só.


O dixital achegou o distante. A globalización e o dixital fixeron máis relevante que nunca o local, os contextos, o diferente, os nichos de mercado, a especialización,…, por tanto a clave está en ser capaces de ver o cambio como a oportunidade para adaptarse, aprender, evolucionar e avanzar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario