jueves, 30 de octubre de 2014

Curación de contidos

A chegada de Internet supuxo un cambio moi importante na xestión da información especializada sobre calqueira tema, pasamos dunha consulta bibliográfica a unha consulta "webgráfica". Dispoñemos de calquer tipo de información a un só golpe de click. Esto supón un problema en moitos casos pola saturación de información a que nos enfrontamos, qué o máis importante?, cales son as novas que máis me interesan?, cales son as actualizacións que teño que ter en conta?
A esto hai que engadir o "desdoblamento de personalidade" que moitos de nós temos que facer cada día, actualizar e coidar os nosos perfís sociais profesionais, persoais e laborais (do noso traballo) buscando información, novas, e recursos de interese para os nosos usuarios, para o noso entorno persoal de aprendizaxe, para a nosa propia marca persoal, sen olvidar, por suposto, o noso tempo de ocio. 

Así, diariamente consultamos diarios e boletíns oficiais, botámos un ollo á prensa, revisamos ofertas de emprego, revisamos prazos de axudas e outras convocatorias, actualizamos normativas, buscamos actividades de formación, revisamos perfís de redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin), consultamos blogues, revisamos páxinas de entidades que nos interesan para o noso traballo ...

Persoalmente, coñecín neste curso as ferramentas de curación de contidos Feedly e Scoop.it! e que nos poden axudar a xestionar con eficacia estas tarefas diarias. 

Pero qué é a curación de contidos? É o proceso de filtrar, agrupar e compartir toda a información que provén de diferentes fontes para quedarnos coa mellor, a máis completa e a que máis poida interesarnos segundo o noso perfil de usuario. 

Qué vantaxes ten? permiten centralizar nun só espazo os artigos, publicacións que fan as páxinas, blogues, servizos oficiais, etc. que son do noso interese sen ter que revisar cada un deles. Deste modo, aforramos tempo e  temos a información organizada. 
En función de qué ferramenta utilicemos poderemos organizar os contidos en forma de paneis ou listas e incluso poderemos compartilos noutros espazos, "apartalos" para unha lectura posterior ou publicalas coas nosas achegas. 

Aínda que o seguirei completando pouco a pouco, aquí vos deixo o meu panel Feedly:



A outra ferramenta de curación de contidos e que estou empezando a utilizar é Scoop.it!, donde se pode reunir información para mostrala e compartila dunha forma visualmente atractiva na rede. O seu nome vén do termo inglés "scoop" que significa "primicia". Aquí a vixilancia da información faise a través de "palabras chave". 

Aquí vos deixo tamén unha captura do meu Scoop.it!:






Curación de contidos



A CURACIÓN DE CONTIDOS:

A curación implica manter, conservar e engadir valor á información atopada a través do seu ciclo de vida. A curración consiste en:
 Evitar o desbordamento ou saturación polo exceso de información
 Distinguir a información relevante da que non é, minimizando a perda de información que podería ser importante.

 O Curador de Contidos é como un intermediario crítico do coñecemento que busca, atopa, agrupa e comparte o mellor e máis relevante contido (na rede) sobre un tema especifico. Por tanto, o curador de contidos é un especialista na materia que ademais de atopar contido relevante, achega valor engadindo o seu punto de vista.


  
A curación de contidos é moi importante para a Orientación Laboral xa que nesta profesión e no desenvolvemento desta o orientador/a encóntrase cunha gran cantidade de información que non pode transmitir ó usuario, senón que o orientador/a debe curar esa información e transmitirlle ós usuarios a mais relevante evitando así unha saturación de información ós usuarios.


 Existen unha serie de ferramentas que serven para realizar a curación de contidos, dúas delas son o Feedly e o Scoop.it.

A ferramenta Feedly serve para filtrar toda a información que se consume, para ordeala, clasificala, e para tela sempre dispoñible para consultala nos momentos en que un prefira. Serve para poñer orde no caos da información de Internet, para informarse soamente sobre as preferencias dun e dende sitios cuxa información sexa de calidade. Permite aforrar tempo, é como facer unha revista personalizada.

Ahi vai o pantallazo do meu Feedly:



O Scoop.it permite a un usuario agregar publicacións web referentes a un tema de interese. Esta ferramenta encárgase de reunir e suxerir os contidos ao usuario, este escolle de entre as propostas as mais relevantes e as publica baixo un formato tipo "periódico", que evoluciona e se completa co tempo.

Ahi vai o meu Scoop.it sobre a Orientación Laboral e mulleres
http://www.scoop.it/t/orientacion-mujeres-desempleadas

Reflexión individual sobre o Módulo 2. O Marco Persoal

Ao longo deste segundo módulo estivemos a traballar sobre o marco persoal da Orientación Laboral, cales son as competencias e habilidades sociais e comunicativas así como a competencia dixital, que tanto tempo está a ocupar nas nosas vidas ao longo destes meses. 

Empezamos por definir que é a Orientación Laboral?

A orientación laboral enténdese como un proceso no que pretendemos promover cambios, favorecer o desenvolvemento competencial, preparar para a situación de desemprego, para o cambio de profesión e orientar na toma de decisións. Durante o proceso de orientación axudamos e acompañamos no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que sitúen a persoa nunha posición favorable para o emprego e lle facilite o acceso e mantemento dun posto de traballo. 


Entón…cales son as competencias e habilidades clave do orientador laboral? Podemos agrupalas en catro grupos:

Competencia emocional: capacidade para manexar adecuadamente as diferentes emocións que poden xurdir ante determinados casos e en determinados contextos.
  • Autocontrol: manter as emocións propias baixo control e evitar reaccións negativas ante provocacións u hostilidade por parte dos ususarios/as e ante situacións con alto contido emocional.
  • Empatía: habilidade para escoitar, entender correctamente os pensamentos, sentimentos ou preocupacións dos demáis aínda que non os expresen totalmente. Ser capaz de poñerse no lugar do outro.
  • Tolerancia á frustración: evitar situacións de bloqueo e demostrar comprensións e tolerancia ante os fracasos?
  • Fomento da intelixencia emocional: saber desenvolver actividades de apoio emocional cos usuarios.

Competencia relacional: forma na que a persoa se relaciona cos demais, principalmente no  entorno laboral.
  • Orientación ao usuario: desexo de axudar ou servir aos demais, de satisfacer as súas necesiadades.
  • Establecemento de relacións: habilidade para establecer contactos con outras persoas, o que esixe capacidade para escoitar, interpretar e entender os pensamentos, sentimentos ou preocupacións dos demais, así como coñecemento dos usos e costumes sociais.
  • Cordialidade: ofrecer confianza no trato xerando un clima positivo e evitando as críticas.
  • Influencia: habilidade para persuadir e influir nas persoas ou situacións para ober unha actitude positiva ante determinados cambios, manexando as técnicas de motivación adaptadas ao usuario/a.

Competencia para xestionar tarefas: forma na que a persoa fai as súas tarefas e se organiza no traballo.
  • Planificación e organización: capacidade para coordinar diferentes tarefas e separalas e ordenalas por prioridade de modo que establezan e cumplan plans de traballo determinado. A orientación implica elaborar plans de intervención que necesitan organizacón e secuenciación de cara a consecución de obxectivos.
  • Capacidade de análise: implica a virtude de distinguir o prioritario deixando espazo para o importante. Ademais, componse da capacidade para recoller información do usuario e do seu ámbito; coñecer e aplicar as técnicas para o desenvolvemento de protocolos de recollida de información; etc.
  • Flexibilidade: habilidade de adaptarse e traballar eficazmente en distintas e variadas situacións, con persoas ou grupos diversos.
  • Iniciativa: identificar un problema, obstáculo ou oportunidade e levar a cabo accións para dar resposta a iso. Facer fronte a múltiples incidencias na atención os usuarios, ter iniciativa e capacidade de resposta para buscar unha solución.
  • Toma de decisións: capacidade para elixir e adoptar unha solución entre distintas posibilidades e opcións. O orientador necesita actuar en consecuencia, determinando un plan de acción e asumindo os riscos necesarios.
  • Orientación a resultados: disposición para alcanzar e superar os resultados previstos fixando metas esixentes, xestionando axeitadamente os recursos.
  • INNOVACIÓN: capacidade de adaptarse aos rápidos cambios que se producen dentro do mundo do ámbito académico e laboral, buscando sempre solucións innovadoras. Implica unha capacidade de adaptación ao ambiente evitando a monotonía pouco motivadora.



Competencia dixital: Leva consigo o dominio das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). O orientador debe saber elaborar documentos e comunicalos, ter familiaridade cos equipos informáticos e manexar as ferramentas relacionadas coas web 2.0

Podemos destacar: a capacidade de manexo de Internet e correo electrónico; uso de plataformas para subir documentos, vídeos, almacenar links (Dropbox, Drive, Youtube, Easycv, Viadeo, …), así como a capacidade de xestionar perfís nas redes sociais máis utilizadas polos usuarios e as organizacións (Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest, Google+…). O perfil do orientador é un perfil que se adoptou á realidade 2.0, ao igual que o fixeron as empresas e usuarios para os que traballa.


O obxectivo do uso das ferramentas 2.0 para a orientación laboral, desde o meu punto de vista é o achegamento aos usuarios e a inmediatez na comunicación de información importante de cara a súa procura de emprego.





Bufff… e ademáis non perder de vista conceptos como o de identidade e reputación dixital …esto é para TOLEAR!!! En realidade os orientadores e orientadoras laborais que nos atopamos no traballo diario teñen ou tratan de traballar todas esas competencias e habilidades clave das que falamos ao comezo do texto, e ademáis dominan todas as ferramentas e recursos dixitais??... 



Un bo orientador laboral debería primeiro de todo desenvolver a súa propia competencia dixital para poder transmitirlla aos seus usuarios/as (e que tanto nos trae de cabeza neste curso…); explorar a contorna laboral na que traballa (buscar información, comunicala, prospectar empresas); colaborar e compartir traballo e recursos en rede (estar cerca dos nosos usuarios e usuarias, pero tamén traballar en rede cos nosos compañeiros e compañeiros xa que así enriquecemos o noso traballo); crear e construír relacións persoais e profesionais (facer networking); manexar a información en tempo real, (menos mal que aprendimos ferramentas de curación de contidos como Feedly e Scoop.it, lectores de RSS que nos poden axudar a non perdernos no intento e poder ter organizada a nosa busca de información e non morrer infoxicados); estar en continuo aprendizaxe (xa sexa formal, informal...conceptos como o PLE o noso entorno persoal de aprendizaxe) e saber difundir toda a información que manexa e pode ser útil para os usuarios/as (por exemplo coa creación dun blog profesional no que crear contidos útiles para o noso traballo e para os nosos usarios/as).


Ogallá que todos os usarios/as atopen orientadores e orientadoras así de motivados e non obsesionados por cumprir obxectivos de resultado e non de proceso!

Reflexión individual Módulo 2

No tema 6 A Orientación Laboral e as competencias abordamos o Marco conceptual da orientación laboral, a orixe da mesma, que segundo Echeverría et al. ten lugar no contexto da Revolución Industrial, a orientación laboral nace nun contexto no que xorde a necesidade de dar respostas á nova sociedade industrial no que se produce un cambio importante nas profesións debido á necesidade de dividir os tipos de traballo e o requirimento de especialización de tarefas e necesidade de cualificación diferencial aos/ás obreiros/as. Tamén definimos o perfil profesional do orientador laboral, as tarefas que desenvolven (xestión da información, traballo con individuos, traballo con grupos, colocación-inserción, seguimento, coordinación, xestión), os principios cos que deben desenvolver a súa actuación (individualización, flexibilidade, desenvolvemento/procura da autonomía) e as competencias do orientador laboral, definindo a competencia como o “conxunto de coñecementos, procedementos e actitudes que unha persoa posúe e pon en práctica para afrontar eficazmente as funcións e tarefas que demanda unha profesión, co nivel e calidade requiridas e resolver os problemas emerxentes de forma autónoma e creativa e influír positivamente na súa contorna socio-laboral e na organización do traballo”.

Este tema para mi persoalmente foi moi interesante para coñecer ben a profesión do Orientador laboral, coñecer en profundidade as competencias, habilidades que ten que ter un bo profesional, demarcando as funcións do mesmo, xa que tiña algunhas ideas equivocadas ó non pertencer a este mundo da Orientación laboral.









No tema 7  Desenvolvemento de competencias comunicativas, tratamos o tema da comunicación, os elementos que a compoñen (emisor, receptor, mensaxe, canle, código, contexto), os tipos de comunicación (comunicación verbal e non verbal, recalcando sobre todo a importancia da non verbal, á que non se lle sole dar a importancia que merece, tanto nesta profesión coma noutras na que se mantén contacto directo cos usuarios), as barreiras da comunicación (elementos que poden influír na boa marcha desta), as técnicas efectivas de comunicación e os pasos para fixar un bo proceso de comunicación.

Este tema é moi importante para desenvolver unha adecuada orientación laboral, poder comunicarnos ben é a clave para que os usuarios que acudan a nós entendan ben o que lles queremos transmitir e tamén para que o que nos transmiten eles o podamos comprender  adecuadamente. Na comunicación entre persoas continuamente estamos enviando mensaxes, ben coa nosa actitude corporal a través de xestos e mediante emocións, como verbalmente, polo que é importante que as dúas partes coincidan para que o receptor da nosa mensaxe non teña unha idea errónea do que queremos transmitir.



No Tema 8 Habilidades e competencias sociais comezamos tratando a competencia social que é a capacidade para manter boas relacións con outras persoas, o que implica dominar as habilidades sociais básicas, capacidade para a comunicación efectiva, respecto, actitudes prosociais, asertividade, etc. En canto ás habilidades sociais con elas a persoa é capaz de executar unha conduta de intercambio con resultados favorables, con destreza, diplomacia, capacidade, competencia, aptitude. A importancia da de coñecer a intelixencia emocional (coñecer as propias emocións, manexar as emocións, motivarse a si mesmo, recoñecer as emocións dos demais, establecer relacións); o reforzamento (adestrar, analizar cada uso reforzando o que saíu ben e buscando alternativas ao “mellorable”, incorporar o reforzo ao estilo persoal e propio da comunicación); o traballo en equipo (para que un equipo traballe de forma eficaz débense dar unha serie de circunstancias: heteroxeneidade, número ideal, cada membro debe ter os coñecementos técnicos e as capacidades necesarias para desenvolver o traballo que lle corresponda , boa cohesión grupal); a resolución de conflitos (definir o problema, buscar  alternativas, analizar e avaliar cada unha das alternativas, decidir a alternativa máis adecuada, poñer en marcha, revisión).

Este tema é importante para que podamos resolver certas situacións nas que nos poidan surxir conflitos e poder resolvelos adecuadamente, incluso manexando as nosas emocións cando choquen cas accións dos usuarios, ademais tamén nos serve para poder transmitir adecuadamente o que queremos transmitir e ademais respectar o que a outra persoa pense ou sinta.



No tema 9 A web 2.0 para a orientación laboral comezamos falando das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) no que Internet é o canal conductor  de todas as tecnoloxías que o conforman e analizamos os datos de como se usa internet no mundo e o uso que se fai do mesmo. As TIC comprenden recursos, procedementos, tecnoloxías que nos a permitin acadar e mellorar as nosas competencias dixitais tanto para un desenvolvemento profesional como persoal.  A web 2.0 é a actual versión ou estadio da Intenet actual e ofrécenos unha serie de espazos e ferramentas (lectores RSS, marcadores sociais, redes sociais...), que se nos fan moi útiles para a busca de emprego, xa que nos serven para promocionarse persoalmente, porque existen aplicacións para realizar as entrevistas de traballo, polo que é importante coñecer estas novas ferramentas e estar actualizado, tanto para nós os orientadores para poder ofrecer unha boa orientación como para os nosos usuarios.
En canto á identidade e reputación online é moi importante ter en conta que a nosa identidade dixital constrúese a partir da nosa actividade persoal na rede, pero tamén da actividade dos demais en relación a nós, polo tanto, parte da nosa identidade dixital non estará controlada directamente por nós.



Por último, no tema 10 Competencias dixitais para a orientación laboral, falamos fundamentalmente do tratamento e xestión da información. Como orientadores/as teremos que:


  • Coñecer gran cantidade de fontes ás que pode acceder, os seus tipos e as características da información que ofrece cada unha delas.
  • Ter a capacidade de seleccionar as fontes que poidan responder mellor ás necesidades de información das nosas orientadas e orientados e ás nosas necesidades profesionais.
  • Aplicar estratexias de procura de información, de forma que se axusten ás necesidades de información que precisemos.
  • Recoñecer a importancia e poñer en valor cada unha das fontes atopadas, xulgando a súa pertinencia, calidade e confiabilidade.
  • Coñecer as ferramentas que nos poden axudar a filtrar e a curar as fontes dispoñibles e a información axeitada.



Neste tema profundizamos nas distintas ferramentas que podemos empregar para poder levar a cabo estas accións, como son os lectores RSS, marcadores sociais, redes sociais… ferramentas que tamén conforman o noso PLE (entorno persoal de aprendizaxe), e que tamén permiten o traballo colaborativo.



Reflexión sobre a curación de contidos: Feedly e Scoop.it

QUE É A CURACIÓN DE CONTIDOS?

A curación de contidos consiste en buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuílos de forma segmentada nunha organización ou colectivo.

A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou infoxicación. O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.

O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
A idea é máis ben crear un sistema que recompile e almacene información non efémera sobre un tema. É importante que a información teña validez no tempo e non caduque como acontece con moita da información dos medios de comunicación.

En conclusión curar contidos é filtrar información cun obxectivo claro e ben definido. En definitiva, a curación de contidos permítenos salvar o problema do exceso de información dunha forma sistemática e sinxela.

Modelos de curación de contidos
Rohit Bhargava formulou 5 modelos de curación de contidos:

1. Agregación: consiste en seleccionar e recompilar a información e contido máis importante sobre un tema concreto e aloxalo nun só lugar. Trátase de agrupar o contido considerado relevante sobre algún asunto en particular nunha mesma situación, para non o ter disperso en diferentes plataformas.

2. Destilación: consiste en facer máis simple a información, extraendo o máis relevante dun contido para resaltar as ideas máis útiles e importantes. O que se busca é gañar simplicidade, quedar co que realmente achega valor e non consumir información irrelevante, aínda que iso implique perder parte do contido orixinal.

3. Elevación: consiste en identificar, dentro das publicacións que a diario se fan en blogs, webs e redes sociais como Twitter, Facebook, Youtube ou Instagram, unha tendencia máis ampla ou unha visión de cales son os temas dos que máis se fala e que son máis influentes dentro do inmenso fluxo de mensaxes que se publican en Internet.

4. Mashup: consiste en fusionar ou combinar contidos que achegan diferentes puntos de vista sobre un tema específico, para crear unha perspectiva nova. Un mashup é unha mestura de información e datos que producen un novo resultado, utilizando a curación de contidos como base. Constrúese sobre o contido existente.

5. Cronoloxía: consiste en reunir toda a información que se foi xerando sobre un tema, de forma cronolóxica, para comprender como foi a súa evolución histórica. O que se busca é entender como cambiou a comprensión e visión dun determinado tema a través do tempo.

QUÉ É FEEDLY?

Feedly é un lector RSS, conta con aplicación web e móbil e permítenos agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes de noticias. Só fai falta engadir as páxinas do noso interese e teremos nun só lugar todas as actualizacións que se vaian xerando. É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo, ter organizadas as nosas fontes favoritas e non perdernos ningún contido. O seu maior atractivo é a súa simplicidade e a posibilidade de ter centralizada toda a nosa información.


Como podedes ver eu diferenciei sete categorías; Concellos, Discapacidade, Emprego, Ferramentas Orientación, Entidades, Prensa e BOE.

QUÉ É SCOOP.IT?
Scoop.it é unha ferramenta online práctica para realizar e compartir a vixilancia reactiva de informacións das palabras clave da súa elección. Conectado a diferentes fontes de informacións como Google (blogs, actualidades) e Twitter, Scoop.it permite compartir en forma dun xornal persoal as mellores páxinas web sobre temáticas específicas e evita así a fragmentación da súa vixilancia de informacións.

Scoop.it é tamén unha ferramenta de comunicación útil en complemento doutros soportes de expresión (blogs, sitios web) para dar a coñecer os seus coñecementos nun dominio en particular.

Persoalmente penso que tanto o Feedly como o Scoop.it son moi útiles para a orientación laboral, xa que é un xeito de ter moita información relacionada coun tema agrupada e ordeada.

miércoles, 29 de octubre de 2014

Feedly y scoop.it


A partir de las reflexiones twitteadas por algunos de los integrantes de este curso en cuanto al uso de los recursos referidos a la curación de contenidos ( Feedly, Sccop.it) me permito hacer un análisis desde el desconocimiento que tenía de estos. Me parece interesante que cada uno de los participantes partiendo de la interacción realizada respectivamente, señale las características, ventajas, desventajas proporcionándome ideas generales en cuanto a la utilidad y aplicabilidad.






En lo que respecta al Feedly, voy a hablar de la aplicación práctica, de los beneficios que esta herramienta aporta: información organizada, filtrada, seleccionada.
Pienso que es útil y práctica para el aprendizaje y la formación. Por ejemplo, hasta ahora, te subscribías por email a todos los bloggers que te interesaban y gustaban, pero con este tipo de herramienta es muy fácil hacer un listado de bloggers de tu sector, tus referencias y añadirlos a tu lector feeds. Esto es interesante porque de un vistazo te permite comprobar quiénes los han actualizado y tienen nuevo contenido. Por otro lado, añadir un feed RSS de un blog que te interese a tu Feedly es ventajoso, pero que agreguen tu blog a Feedly también.
Por último, añadir que, como es 100% online y multidispositivo, lo puedes poner en el móvil, tablet y estar al tanto de los contenidos.







Al hilo de la reflexión no voy a hacer valoraciones sin conocer a fondo el uso del sistema  Scoop.it.



Me parece también de gran utilidad, el hecho de que agrupe contenidos digitales de manera fácil y rápida, seguimiento de contenidos web sobre un tema o temática específica.
Otra característica que quiero resaltar es el entorno gráfico, el aspecto diría yo, cómno se muestra la información, el formato, pues éste me parece de gran valor para la educación y enseñanza formal e informal.





Estos  recursos pueden reportar muchos beneficios, no sólo en el ámbito de la orientación laboral, sino también en un aula, lugar en el que la interacción profesor-alumno debe estar dirigida bajo el tópico literario - enseñar deleitando - " delectare  et prodesse"- .









lunes, 27 de octubre de 2014

Reflexión individual. Módulo 2


A lo largo de este módulo 2 y en el contexto de la orientación laboral reflexiono sobre cómo surge esta profesión y cómo ha evolucionado a través de las diferentes etapas de desarrollo de la humanidad.Se aborda también la orientación con una visión de carácter interdisciplinario, disciplinas que tienen que ver con la Pedagogía y la Psicología prestando atención a los temas de las competencias comunicativas y sociales hasta llegar a la web 2.0. 




Considero que uno de los retos actuales para los orientadores laborales es, sin lugar a dudas, encontrar las herramientas necesarias para conectar a la persona e impulsar el proceso de construcción de saberes relacionados con la adquisición y desempeño de alguna profesión.
En este contexto se debe concebir la profesión, evaluar y reconocer las competencias es pues fundamental. El proceso de coaching también incrementa competencias promoviendo que la persona asuma nuevos retos.


Actualmente, se estima que hay 47.500 coaches profesionales a nivel global. Los resultados muestran una distribución muy diversa de coaches a lo largo del planeta, con áreas de creciente madurez, rápida expansión y potencial de crecimiento.



Teniendo en cuenta que la función principal del lenguaje es la comunicación en lo que respecta al desarrollo de las habilidades comunicativas, el dominar los elementos esenciales de la comunicación constituye una herramienta fundamental para el trabajo en las relaciones humanas.
Se exponen también elementos teóricos respecto a la comunicación y, en correspondencia, algunas reflexiones valorativas que influyen negativamente en las mismas. Pero, ¿cuáles pueden ser las sugerencias generales para el mejoramiento de la comunicación?

http://www.degerencia.com/articulo/buenas_practicas_para_realizar_reuniones_efectivas


Compartir tu visión.


Proporcionar entrenamiento.


Fomentar el trabajo en equipo.


Organizar reuniones del staff regularmente.





Siguiendo pues este punto y en relación con las competencias sociales tengo que resaltar la figura del orientador y el buen proceso de comunicación necesario en la resolución de conflictos. Varios son los pasos para su resolución:


  • Definir el problema
  • Buscar alternativas
  • Decidir alternativa.
  • Poner en marcha.
  • Revisión.



Desde la panorámica de la web 2.0 y habiendo visto las características y funcionalidades de los espacios principales, llego al conclusión de que todas las herramientas tienen un denominador común: la comunicación, o bien de una manera directa, o bien a través de la compartición de contenidos.



Por lo tanto, diseñar una estrategia ajustada a las necesidades de cada persona y emplear las herramientas adecuadas mejorará el proceso de transformación de las competencias digitales y, verlas como una oportunidad de adaptación, aprendizaje, reaprendizaje, evolución y avance puede llevar a los usuarios hacia el éxito profesional.




En el ámbito de actuación profesional en general, y, en concreto, en el de la orientación laboral, promover la interacción social es beneficioso para alcanzar unos buenos objetivos. Desde este punto de vista, poner en valor nuestra profesionalidad a través del empleo de algunas herramientas (about-me, blogger, linkedin, scoop.it, pinterest, etc.), o bien, satisfacer una de las principales necesidades básicas, como la comunicación, la integración a nivel social, a través de las redes sociales (facebook, twitter, google+ etc.) estaría en consonancia con nuestra propia evolución y desarrollo.










BIBLIOGRAFÍA Y WEBGRAFÍA:

http://enpositivocoaching.wordpress.com/tag/busqueda-de-empleo/page/2/

Kelly, J. A. (1987). Entrenamiento de las habilidades sociales. Bilbao: Desclèe de Brouwer.

Caballo, V. (1988). Teoría, evaluación y entrenamiento en habilidades sociales, Valencia, Promolibro


http://youtu.be/tjC1LOC0r1g

viernes, 24 de octubre de 2014

Reflexión individual módulo II


Introduccción
Ó longo deste módulo tratáronse diversos temas:  A orientación laboral e as competencias, Desenvolvemento de competencias comunicativas, Habilidades e competencias Sociais, A web 2.0 para a orientación laboral, Competencias dixitais para a orientación laboral.
Dos cales acercámonos a conceptos fundamentais para o ámbito da orientación laboral, términos que son importantes tanto para os técnicos de orientación laboral como os demandantes de emprego.
Reflexión
O cambio continuo do mercado laboral fai que determinadas habilidades sexan clave para  a empleabilidade.
Os momentos que nos están a tocar vivir, en canto ao ámbito laboral refírese, son convulsos, onde as opcións de encontrar emprego disminúen, pola destrución de postos de traballo que houbo (aínda que parece que este aspecto se está a estabilizar) e pola alta competencia xurdida na busca de emprego, ao aumentar en modo considerable o número de persoas desempregadas no noso país nos últimos 6 anos.

Debido a isto, podemos determinar que teñen maiores posibilidades de triunfar na súa busca de emprego, aquelas persoas que opten por poñer en práctica un maior número de alternativas e iniciativas na devandita busca.



Ás técnicas de busca de emprego tradicionais (autocandidatura, anuncios en prensa, etc.), co auxe e universalización da tecnoloxía e a comunicación, sumouse a implantación de novos métodos que aumentan a visibilidade dos potenciais candidatos ante as oportunidades laborais.

Puidemos observar como nos últimos tempos se agudizou a imaxinación e púxose ao servizo da busca de emprego, en iniciativas como Video-CV orixinais, presentación do CV en formatos moi persoais, uso das Redes Sociais para obter maior visibilidade fronte ás empresas, etc.

Un dos aspectos que ultimamente está a ter maior importancia e do que se están a obter bos resultados é o networking ou establecemento de contactos ou relacións con persoas que poden posibilitar oportunidades de emprego. A axenda da nosa rede de contactos esgótase en momentos como estes, e antóllase necesario ampliala con persoas que estean relacionadas cos ámbitos laborais onde pretendemos encontrase emprego.

Nun momento como o actual, no que o acceso ao mercado laboral resulta tan complicado, é necesario optar polo maior número posible de técnicas de busca de emprego. E tomar a iniciativa na nosa propia busca (blogs, participación en Redes Sociais profesionais), e contactar e ser "desvirtualizar" nestes eventos ou acontecementos, pódenos axudar a catapultarnos aos primeiros postos da clasificación na loita por conseguir un emprego.
As empresas cada vez valóranas máis e non só entre os profesionais que teñen en equipo senón que tamén as teñen moi en conta á hora de seleccionar persoal.  A súa importancia é tal que poden marcar a diferenza á hora de conseguir un emprego. Ante currículos similares, as habilidades sociais adoitan decantar a balanza cara a aqueles candidatos que destacan por «destrezas» como a man esquerda ou o control emocional.

As habilidades máis demandadas

* Empatía: Consiste en poñerse no lugar do outro e responder de forma correcta ás súas necesidades emocionais. Ao entender as motivacións dos demais, un pódese adaptar mellor aos seus intereses titulados.
* Traballo en equipo: Os solitarios non achegan nin a metade que os que saben traballar en grupo. A túa capacidade de iniciativa será igualmente necesaria.
* Responsabilidade: As empresas necesitan que te saibas desenvolver só para que poidan confiar en ti sen ter que estar continuamente pendentes. Esperan que poidas resolver os problemas que xurdan.
*A flexibilidade O traballador  ten que ter unha mente aberta e adaptarse a calquera cambio e situación complicada que se poida producir na empresa polas novas «esixencias do guión», que cada vez son maiores no actual ámbito de constante cambio.
* Optimismo: Saber sorrir ante as dificultades axudarache a realizar mellor as túas funcións.
* Adaptación: Os cambios son continuos e é necesario que saibas adaptarte ás novas esixencias que vaian xurdindo. Ademais, se es flexible con respecto a horarios e lugar de traballo, as empresas quererante.
* Primeiro o cliente: Teñas o posto que teñas, é importante que saibas establecer boas relacións cos clientes. Se se te dá ben negociar, mellor que mellor.
* Fidelidade: As empresas necesitan saber que poden contar contigo e que non os vas deixar na estacada. Demostra sempre interese polo teu traballo.

Non todos os postos de traballo requiren das mesmas habilidades sociais. Por iso pode ser conveniente unha análise previa da posición a desempeñar para descubrir que calidades deben ser melloradas e en cales non é necesario incidir tanto. Unha lectura detida da oferta de emprego, a reflexión sobre as funcións que leva consigo e a visión das persoas e departamentos cos que máis se estará en contacto poden ser de grande axuda.



Webgrafía y Bibliografía:
www.laboris.net

(1996). P.O.T. Programa de Habilidades de Orientación al Trabajo. Salamanca, Amarú.
(1997). Habilidades y competencias para desempleados con discapacidad. Madrid
(2000). P.V.D. Programa de Habilidades de la Vida Diaria. Salamanca, Amarú.
(2011). Guía de habilidades en la orientación laboral. Murcia.