martes, 23 de septiembre de 2014

Nube de intereses profesionais Alejandra



Boas noites, por fin me decido a publicar a miña nube de intereses profesionais!!! 

Cando vin o montón de imaxes para escoller a forma pensei en que tardaría en decidirme pero cando vin a man non dudei en escollela porque representa moi ben o que pensei ao escoller facer este posgrao de especialización en Orientación Laboral. 

Decidinme a facelo primeiro porque sempre me atraeu este campo profesional, eu proveño do Traballo Social e a miña formación complementaria na que me seguín formando foi o campo da terceira idade e comparando un campo con outro ... pois non ten nada que ver a verdade pero sempre me quedou esa espiniña cravada... e por fin ma quitarei!

A man aberta para min representa unha disposición a recibir e dar cousas novas, formación nun ámbito descoñecido para min, cooperación entre compañeiros e profesionais de distintos ámbitos para xuntos facer mais ameno este camiño e alcanzar unha boa aprendizaxe, mellorar as miñas posibilidades de emprego propias e poder axudar aos demais a que o acaden... e con todo esto un enriquecemento tanto persoal como profesional que estou segura que acadarei.

"ME LO CONTARON Y LO OLVIDÉ; LO VI Y LO ENTENDÍ; LO HICE Y LO APRENDÍ" (Confucio)


jueves, 18 de septiembre de 2014

Experimentando con Tagxedo



A imaxe que escollín como podedes observar é unha especie de nube, nube que neste caso representa ao meu cerebro, no cal vou almacenado e rexistrando cada día o aprendido no curso.
Os meus intereses para realizar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral baséanse nunha palabra clave que é “aprendizaxe”, aprender adquirindo novos coñecementos no eido da orientación laboral, coñecer recursos útiles, ferramentas e aplicacións informáticas que poida empregar no meu traballo diario.
Considero que unha forma moi útil de levar a cabo esta aprendizaxe  é traballar  en equipo para aprender dos meus compañeiros/as, intercambiar ideas e, sobre todo, mellorar as miñas competencias e capacidades profesionais. En definitiva, poder prestar un mellor servizo aos meus demandantes.  

miércoles, 17 de septiembre de 2014



GRUPO INSÉRTATE

Mi nube de intereses profesionales.


         A través de mi nube presento los intereses profesionales de mi entorno personal de aprendizaje sirviendo de guía para la orientación académica y profesional a los alumnos de una manera visual, utilizando las TIC, compartiendo contenidos y llevándolos desde el plano de la educación y la información hacia el profesional.Pensar en los intereses de mi audiencia, me obliga a dirigirme hacia una educación menos rígida y formal, más atractiva y pedagógica. El objetivo es comunicar afinidad y pasión por el trabajo.

          Respecto a la imagen seleccionada, la llave es el símbolo clave que destacaría la importancia de la formación para la integración laboral, una formación ajustada a las necesidades del mercado de trabajo.

Comezamos....a miña nube de intereses profesionais

Esta é a miña nube de intereses profesionais, as áreas que me interesan e nas que traballei ata o de agora son o emprendemento e a creación de empresas; o asesoramento e fomento da economía social, a través da fórmula cooperativa; a orientación e inserción laboral;  a formación; as novas tecnoloxías aplicadas ao asesoramento e a procura de emprego, e algunha máis que probablemente teña olvidado. 




Representeina coa forma dunha chamada polo que ten de estar atento sempre e continuamente actualizado e formándose neste sector no que cada día hai novidades normativas e no que cada día aparecen novas ferramentas e recursos que axudan ao traballo diario.