AS AXENCIAS PRIVADAS
DE COLOCACIÓN
O Servizo Público de Emprego acaba de axudicar a seis axencias privadas de colocación a tarefa
de atopar traballo aos desempregad@s de máis difícil inserción laboral.
No ano 2010 co goberno do PSOE un Real Decreto abriu
a porta a colaboración coas axencias de colocación e impulsadas máis tarde pola
reforma laboral do PP no ano 2012.
Procurar traballo en España cunha taxa de
desemprego do 23,67% resulta as veces unha odisea ,fundamentalmente para os
desempregad@s que teñen máis de 45 anos, ,dedicados a sectores en crise como a
construción entre outros e ademáis con escasa formación. Segundo a última Enquisa de
Poboación Activa en España o número de desempregad@os sitúase en
5.427.700 millóns; Bruselas recomendou a España en maio do ano pasado que
reforzara e modernizara os servizos públicos de emprego e acelerara a
colaboración público privada.
Os primeiros desempregad@s que as axencias de
colococación procuraran emprego son os beneficiarios do plan PREPARA , requIsito
que o SEPE impuxo ás axencias axudicatarias deste concurso. Este colectivo está
formado por desempregad@s de longa duración que xa esgotou todas as prestacións
por desemprego. Reciben 420 euros durante seis meses improrrogrables e somentes
poden percibir esta axuda una vez.
As cantidades que percibirán as axencias de
colocación oscilarán entre 300 euros por persoa ata os 3.000 euros, dita
cantidade cobraráse sempre que os contratos señan por un prazo equivalente polo
menos a seis meses a tempo completo nun período de oito meses. Tamén pagaráse
ata un 15% da cuantía da inserción pola
resolución de irregularidades que conclua con a imposición dalgunha sanción ao
desempregado e que se lle pagará aínda que non se lle consiga o emprego.
O departamento de Emprego ten dende o ano pasado
destinado un presuposto de 200 millóns de euros para estas axencias por un
período de catro anos. Os contratos serán suscritos polos Servizos Públicos de
Emprego das Comunidades Autónomas; catorce
delas asinaron o ano pasado os convenios para participar.
Os sindicatos amosan a súa disconformidade coas
axencias de colocación privadas, manifestan que estamos asistindo ao
desmantelamento dos servizos públicos de emprego. O orzamento das políticas activas de emprego disminui un
30% e o Goberno desfixose de 300 orientador@s e promotores de emprego que
traballaban nos SPE. Considerán que vai primar máis os criterios de lucro e que
as axencias privadas van colocar aos desempregad@s máis fácil de insertar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario