jueves, 30 de octubre de 2014

Reflexión individual sobre o Módulo 2. O Marco Persoal

Ao longo deste segundo módulo estivemos a traballar sobre o marco persoal da Orientación Laboral, cales son as competencias e habilidades sociais e comunicativas así como a competencia dixital, que tanto tempo está a ocupar nas nosas vidas ao longo destes meses. 

Empezamos por definir que é a Orientación Laboral?

A orientación laboral enténdese como un proceso no que pretendemos promover cambios, favorecer o desenvolvemento competencial, preparar para a situación de desemprego, para o cambio de profesión e orientar na toma de decisións. Durante o proceso de orientación axudamos e acompañamos no desenvolvemento de competencias persoais, sociais e laborais que sitúen a persoa nunha posición favorable para o emprego e lle facilite o acceso e mantemento dun posto de traballo. 


Entón…cales son as competencias e habilidades clave do orientador laboral? Podemos agrupalas en catro grupos:

Competencia emocional: capacidade para manexar adecuadamente as diferentes emocións que poden xurdir ante determinados casos e en determinados contextos.
  • Autocontrol: manter as emocións propias baixo control e evitar reaccións negativas ante provocacións u hostilidade por parte dos ususarios/as e ante situacións con alto contido emocional.
  • Empatía: habilidade para escoitar, entender correctamente os pensamentos, sentimentos ou preocupacións dos demáis aínda que non os expresen totalmente. Ser capaz de poñerse no lugar do outro.
  • Tolerancia á frustración: evitar situacións de bloqueo e demostrar comprensións e tolerancia ante os fracasos?
  • Fomento da intelixencia emocional: saber desenvolver actividades de apoio emocional cos usuarios.

Competencia relacional: forma na que a persoa se relaciona cos demais, principalmente no  entorno laboral.
  • Orientación ao usuario: desexo de axudar ou servir aos demais, de satisfacer as súas necesiadades.
  • Establecemento de relacións: habilidade para establecer contactos con outras persoas, o que esixe capacidade para escoitar, interpretar e entender os pensamentos, sentimentos ou preocupacións dos demais, así como coñecemento dos usos e costumes sociais.
  • Cordialidade: ofrecer confianza no trato xerando un clima positivo e evitando as críticas.
  • Influencia: habilidade para persuadir e influir nas persoas ou situacións para ober unha actitude positiva ante determinados cambios, manexando as técnicas de motivación adaptadas ao usuario/a.

Competencia para xestionar tarefas: forma na que a persoa fai as súas tarefas e se organiza no traballo.
  • Planificación e organización: capacidade para coordinar diferentes tarefas e separalas e ordenalas por prioridade de modo que establezan e cumplan plans de traballo determinado. A orientación implica elaborar plans de intervención que necesitan organizacón e secuenciación de cara a consecución de obxectivos.
  • Capacidade de análise: implica a virtude de distinguir o prioritario deixando espazo para o importante. Ademais, componse da capacidade para recoller información do usuario e do seu ámbito; coñecer e aplicar as técnicas para o desenvolvemento de protocolos de recollida de información; etc.
  • Flexibilidade: habilidade de adaptarse e traballar eficazmente en distintas e variadas situacións, con persoas ou grupos diversos.
  • Iniciativa: identificar un problema, obstáculo ou oportunidade e levar a cabo accións para dar resposta a iso. Facer fronte a múltiples incidencias na atención os usuarios, ter iniciativa e capacidade de resposta para buscar unha solución.
  • Toma de decisións: capacidade para elixir e adoptar unha solución entre distintas posibilidades e opcións. O orientador necesita actuar en consecuencia, determinando un plan de acción e asumindo os riscos necesarios.
  • Orientación a resultados: disposición para alcanzar e superar os resultados previstos fixando metas esixentes, xestionando axeitadamente os recursos.
  • INNOVACIÓN: capacidade de adaptarse aos rápidos cambios que se producen dentro do mundo do ámbito académico e laboral, buscando sempre solucións innovadoras. Implica unha capacidade de adaptación ao ambiente evitando a monotonía pouco motivadora.



Competencia dixital: Leva consigo o dominio das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). O orientador debe saber elaborar documentos e comunicalos, ter familiaridade cos equipos informáticos e manexar as ferramentas relacionadas coas web 2.0

Podemos destacar: a capacidade de manexo de Internet e correo electrónico; uso de plataformas para subir documentos, vídeos, almacenar links (Dropbox, Drive, Youtube, Easycv, Viadeo, …), así como a capacidade de xestionar perfís nas redes sociais máis utilizadas polos usuarios e as organizacións (Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest, Google+…). O perfil do orientador é un perfil que se adoptou á realidade 2.0, ao igual que o fixeron as empresas e usuarios para os que traballa.


O obxectivo do uso das ferramentas 2.0 para a orientación laboral, desde o meu punto de vista é o achegamento aos usuarios e a inmediatez na comunicación de información importante de cara a súa procura de emprego.





Bufff… e ademáis non perder de vista conceptos como o de identidade e reputación dixital …esto é para TOLEAR!!! En realidade os orientadores e orientadoras laborais que nos atopamos no traballo diario teñen ou tratan de traballar todas esas competencias e habilidades clave das que falamos ao comezo do texto, e ademáis dominan todas as ferramentas e recursos dixitais??... 



Un bo orientador laboral debería primeiro de todo desenvolver a súa propia competencia dixital para poder transmitirlla aos seus usuarios/as (e que tanto nos trae de cabeza neste curso…); explorar a contorna laboral na que traballa (buscar información, comunicala, prospectar empresas); colaborar e compartir traballo e recursos en rede (estar cerca dos nosos usuarios e usuarias, pero tamén traballar en rede cos nosos compañeiros e compañeiros xa que así enriquecemos o noso traballo); crear e construír relacións persoais e profesionais (facer networking); manexar a información en tempo real, (menos mal que aprendimos ferramentas de curación de contidos como Feedly e Scoop.it, lectores de RSS que nos poden axudar a non perdernos no intento e poder ter organizada a nosa busca de información e non morrer infoxicados); estar en continuo aprendizaxe (xa sexa formal, informal...conceptos como o PLE o noso entorno persoal de aprendizaxe) e saber difundir toda a información que manexa e pode ser útil para os usuarios/as (por exemplo coa creación dun blog profesional no que crear contidos útiles para o noso traballo e para os nosos usarios/as).


Ogallá que todos os usarios/as atopen orientadores e orientadoras así de motivados e non obsesionados por cumprir obxectivos de resultado e non de proceso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario