jueves, 30 de octubre de 2014

Curación de contidos



A CURACIÓN DE CONTIDOS:

A curación implica manter, conservar e engadir valor á información atopada a través do seu ciclo de vida. A curración consiste en:
 Evitar o desbordamento ou saturación polo exceso de información
 Distinguir a información relevante da que non é, minimizando a perda de información que podería ser importante.

 O Curador de Contidos é como un intermediario crítico do coñecemento que busca, atopa, agrupa e comparte o mellor e máis relevante contido (na rede) sobre un tema especifico. Por tanto, o curador de contidos é un especialista na materia que ademais de atopar contido relevante, achega valor engadindo o seu punto de vista.


  
A curación de contidos é moi importante para a Orientación Laboral xa que nesta profesión e no desenvolvemento desta o orientador/a encóntrase cunha gran cantidade de información que non pode transmitir ó usuario, senón que o orientador/a debe curar esa información e transmitirlle ós usuarios a mais relevante evitando así unha saturación de información ós usuarios.


 Existen unha serie de ferramentas que serven para realizar a curación de contidos, dúas delas son o Feedly e o Scoop.it.

A ferramenta Feedly serve para filtrar toda a información que se consume, para ordeala, clasificala, e para tela sempre dispoñible para consultala nos momentos en que un prefira. Serve para poñer orde no caos da información de Internet, para informarse soamente sobre as preferencias dun e dende sitios cuxa información sexa de calidade. Permite aforrar tempo, é como facer unha revista personalizada.

Ahi vai o pantallazo do meu Feedly:



O Scoop.it permite a un usuario agregar publicacións web referentes a un tema de interese. Esta ferramenta encárgase de reunir e suxerir os contidos ao usuario, este escolle de entre as propostas as mais relevantes e as publica baixo un formato tipo "periódico", que evoluciona e se completa co tempo.

Ahi vai o meu Scoop.it sobre a Orientación Laboral e mulleres
http://www.scoop.it/t/orientacion-mujeres-desempleadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario