lunes, 13 de octubre de 2014

Reflexión grupal do Módulo 1: Os certificados de profesionalidade




Por que eliximos falar dos certificados de profesionalide no noso grupo?
 
Escollemos nesta primeira relflexión grupal a ponencia de Elena González de la Cámara Cayuela sobre “A estrutura da Formación Profesional e os Certificados de Profesionalidade”, e en concreto a obtención dos Certificados de Profesionalidade, porque estase a converter nestes últimos tempos nun dos temas que máis preguntas e aclaracións demanda nos nosos servizos de orientación laboral, posiblemente pola información que nalgúns casos de forma errónea ou confusa se facilita desde múltiples fontes.


Aclarando algúns conceptos…

Os certificados de profesionalidade non son un título académico, senón que acreditan os coñecementos ou as habilidades necesarias para desempeñar o traballo recoñecido por cada unha das cualificacións recollidas no Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

O seu fin fundamental é facilitar unha acreditación oficial que certifica que a persoa que o posúe ten os coñecementos e as habilidades para desenvolver unha actividade laboral determinada, é dicir, está cualificada.
Ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, aínda que non é equivalente a un título de formación profesional, o que si nos permitirá, se queremos continuar a nosa formación e obter un título de FP, é que unha vez que nos matriculemos no ciclo formativo non ter que volver a cursar os módulos xa superados co certificado de profesionalidade; é dicir, prodúcese unha validación das unidades de competencia do certificado de profesionalidade e os módulos profesionais do ciclo formativo.

Encadramento

A Lei Orgánica 5/2002 das Cualificacións e da Formación Profesional establece que as cualificacións se acreditarán mediante Títulos de Formación Profesional expedidos pola Administración Educativa, ou Certificados de Profesionalidade expedidos pola Administración Laboral, co que se persegue un maior achegamento ás necesidades do sistema produtivo e unha maior integración de toda a formación profesional.
O certificado de profesionalidade configura un perfil profesional entendido como un conxunto de competencias profesionais identificables no sistema produtivo e recoñecido no mercado laboral.

Cada certificado de profesionalidade divídese en unidades de competencia. Cada unidade de competencia representa o que a persoa debe saber facer nun ámbito laboral, e cada unha leva asociada un módulo formativo, cuia adquisición capacita para o desenvolvemento das competencias asociadas ó mesmo. A súa vez, algúns módulos formativos subdivídense en partes máis pequenas denominadas unidades formativas.

Os certificados poden ter tres niveis de cualificación profesional (1, 2, 3) sendo o 1 o máis básico e o 3 o máis complexo en canto a dominio de tarefas, autonomía na execución, responsabilidade, etc.
Para obter un certificado de profesionalidade existen tres  vías:

Vía a través da formación:
Procesos formativos xestionados na nosa comunidade autónoma a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación da Consellería de Traballo e Benestar cuxo contido está explicitamente deseñado nun programa formativo que conduce á obtención dun certificado de profesionalidade. A formación asociada a estes certificados de profesionalidade é impartida por entidades formadoras acreditadas pola Consellería de Traballo e Benestar.

Vía da experiencia laboral e/ou aprendizaxes non formais:
RD 1224/2009, que determina o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. É dicir, este procedemento recoñece os cursos non formais que os axentes sociais, empresas e outras entidades impartiron, así como a experiencia ao longo dos anos.

Vía mixta (formación + experiencia laboral)


O conxunto de certificados de profesionalidade ordenados por familias profesionais e de acordo aos niveis da cualificación que neles se inclúen constitúe o Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade.


Algunhas reflexións acerca da formación a través de certificados

  • A oferta do sector da  formación

O tema dos Certificados de Profesionalidade estase a converter nun dos temas de moda no sector da formación, posiblemente porque se nos bombardea con moita información versátil (nalgúns casos errónea ou confusa) dende múltiples frontes: Administración, asociacións, entidades privadas... Non existe xornada ou congreso da rama onde non se imparta polo menos un relatorio sobre este tema, o cal é importante para aclarar a situación deste.
Pero, verdadeiramente o mercado sabe exactamente que son os Certificados de Profesionalidade e como se deben realizar as formacións conducentes a estas titulacións oficiais?
Os Certificados de Profesionalidade en modalidade privada e/ou por vía e-Learning poden constituírse como un máis que interesante flotador para moitas empresas do sector.
O problema das modas que xorden rapidamente, é a falta dunha información fidedigna no mercado. Isto provoca a chegada de oportunistas, que atraídos pola posibilidade de gañar diñeiro sen escrúpulos, veñen arrasando e sementando o sector de malas práxis.
Por todo isto moitas veces os demandantes e os profesionais non saben realmente o que son os certificados de profesionalidade e que tipo de formacións realmente son conducentes a eles.
Ata a publicación do RD 189/2013, do 15 de marzo, os certificados de profesionalidade soamente se podían obter cursando formacións subvencionadas, xa fose a través de plans estatais ou autonómicos. Estas formacións tíñanse que cursar obrigatoriamente -salvo excepcións dalgunha comunidade autónoma- en modalidade presencial e a través de entidades debidamente acreditadas. Pero ollo, aínda que a entidade de formación estivese acreditada para impartir un determinado certificado de profesionalidade, a formación impartida só era conducente á obtención do devandito certificado se se executaba ao abeiro das citadas convocatorias.
Sexa presencial ou online a modalidade ofertada, cada convocatoria ofertada por un centro debe ser notificada á administración competente en prazo e forma.
Polo que, cando vendemos ou compramos unha formación conducente a un certificado de profesionalidade, segundo cal sexa noso papel nesta obra, debemos ter claro todos estes aspectos e verificar que existen as acreditacións das que falamos e que se cumpren con estes procedementos regulados, para evitar sorpresas e situacións que incorran nunha fraude. Situacións que eses oportunistas que nos dificultan a honorable tarefa de formar aos demáis, están a aproveitar para xerar unha mala imaxe que, aínda que con atraso, tamén está a sufrir os efectos da crise.
  • Para o tecido empresarial
Os certificados de profesionalidade poden orientar ás empresas no desenvolvemento dos seus plans de formación e á hora de determinar os perfís das candidaturas nos seus procesos de selección de persoal, xa que teñen unha maior transparencia grazas á facilidade que estes dan á hora de valorar un curriculum. Os ítems do certificado son estándares e estrictamente definidos, o que permite saber cales son os coñecementos e habilidades dunha persoas e comparalos con outra axilizando os procesos de selección.
Os certificados permiten mellorar a competitividade nas empresas grazas ao feito de que hai maiores persoas preparadas para optar aos postos de traballo existentes, non supoñen unha regularizacióin do exercicio de profesións (non implican un salario e unhas condicións laborais determinadas) pero teñen carácter oficial.

  • E para os nosos usuarios e usuarias?

Neste momento, representan un elemento de prestixio para o  seu posuidor, así como un dato no seu currículum que non moitas persoas posúen. O diploma do Certificado de Profesionalidade constitúese no referente laboral que garante, a empresarios e traballadores, que éstos están adecuadamente cualificados para o desempeño das ocupacións correspondientes.

Utilizando de base os datos da EPA e do Servizo Público de Emprego da Xunta observamos que en Galicia o contar con estudios superiores non supón un salvavidas frente ao paro, por un lado, e polo outro que son lexión os desempregados cun baixo nivel formativo.
Acudindo á Enquisa de Poboación Activa constátase que casi o 54% das 284.300 persoas en paro na nosa comunidade no segundo trimestre deste ano non pasaban da educación secundaria básica. Este cómputo inclúe 800 persoas analfabetas, o doble que en marzo, que non contaban con posto de traballo. A xuño contabilizaban tamén 1.400 galegos con estudios primarios incompletos (2.300 a finais dol primer trimestre) e eran 22.800 os que culminaran esta primeira fase da educación obrigatoria.
Estos datos confirman que a implantación dos certificados de profesionalidade poden representar un elemento diferenciador para o seu posuidor, especialmente no caso deste volumen importante de poboación con baixa ou nula cualificación profesional. 

Supón tamén unha opción viable xunto co procedemento de recoñecemento da competencia profesional para aquelas persoas que teñen unha experiencia laboral pero carecen dunha titulación profesional ou non poden acreditar unha formación regrada.

O diploma do Certificado de Profesionalidade vaise constituir no referente laboral que garante, a empresarios e traballadores, que estes están adecuadamente cualificados para o desempeño das ocupacións correspondentes.

E é por iso que desde os servizos de orientación laboral estamos a incidir no traslado de información sobre a oferta de certificados aos nosos usuarios e usuarios e incidindo e asesorándoos en aqueles que se adecúan máis aos seus obxectivos profesionais ou experiencia laboral previa.


Achegamos o noso Storify sobre o tema elixido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario