lunes, 20 de octubre de 2014

Reflexión grupal módulo 2. Habilidades e competencias sociais.


O principal motivo polo que eliximos o tema de habilidades e competencias sociais para facer a nosa reflexión grupal é porque consideramos que como profesionais no ámbito da orientación laboral o desenvolvemento dunhas boas habilidades e competencias sociais na búsqueda de emprego e na inserción laboral son pilares básicos para que os demandantes poidan afrontar dun xeito máis eficiente a realidade para conseguir a inserción laboral. Ao longo deste módulo tratáronse conceptos fundamentais para o ámbito da orientación laboral, términos que son importantes tanto para os técnicos de orientación laboral como os demandantes de emprego.



O cambio continuo do mercado laboral fai que determinadas habilidades sexan clave para a empregabilidade, é, por iso, que as máis valoradas sexan as destrezas intelectuais e personais, moi eficaces cara ás distintas profesións e actividades (analizar asuntos complexos, identificar e resolver problemas, sintetizar e integrar conceptos diversos, clarificar valores, traballar cooperando, comunicarse eficazmente en distintos niveis, etc.).
Consideramos que as habilidades sociais son competencias definidas polo comportamento que un individuo pode ter no seu entendimento dos diversos códigos sociais, nas súas actitudes e nas súas expresións na sociedade. As habilidades sociais permiten que unha persoa poida expresar os seus propios sentimentos, necesidades e opinións, o que permite o benestar persoal, que é o primer pilar para unha maior integración social.

As habilidades sociais deben polo tanto ser aprendidas, desde máis simples a máis complexas.


Máis alá de tratarse dunha moda, o desenvolvemento das habilidades sociais converteuse case nunha necesidade para crecer persoal e profesionalmente. Estas, forman parte da intelixencia emocional e fan referencia á capacidade de relacionarse axeitadamente cos demáis. A orientación ao cliente, a empatía, a negociación e o traballo en equipo son algunhas delas.
As empresas cada vez valórannas máis e non só entre os profesionais que teñen en equipo senón que tamén as teñen moi en conta á hora de seleccionar persoal. A súa importancia é tal que poden marcar a diferenza á hora de conseguir un emprego. Ante currículos similares, as habilidades sociais adoitan decantar a balanza cara á aqueles candidatos que destacan por «destrezas» como a man esquerda ou o control emocional.



Así de entre as habilidades que máis adoitan valorar as empresas figura a capacidade de comunicación, a máis importante como é lóxico xa que é a función da linguaxe comunicativa, expoñer as ideas de forma clara ou formular as preguntas axeitadas en cada caso para conseguir toda a información, é o máis relevante.

Debido ao crecente clima de incerteza económica en que nos movemos nos últimos anos, fai que a flexibilidade sexa necesaria para estos cambios de situación que se producen nas empresas. Así, o traballador ten que ter unha mente aberta e adaptarse a calquera cambio e situación complicada que se poida producir na empresa polas novas «esixencias do guión», que cada vez son maiores e de constante cambio.

Polo tanto, a adaptación ás necesidades dos demáis é imprescindible nestes momentos, a comunicación pode ser máis difícil, pero é fundamental entendelas, a empatía é unha habilidade que debemos ter en conta.

Outra habilidade importante hoxe, é a capacidade de traballar en equipo porque non hai que esquecer que as empresas exitosas son a suma de varios grupos de persoas que cooperan e colaboran xuntas solucionando, cada unha dende a súa parcela de coñecemento, calquera tipo de problemas que se lles poidan formular.

Dende entre todas elas, o optimismo é tamén moi valorado, crer nun mesmo, saber asumir riscos e responsabilidades, independentemente do sector de actividade, influe positívamente á hora de conseguir un emprego.

Os seleccionadores tamén se fixan en que os candidatos teñan autoconfianza, autocontrol e motivación, de forma que as devanditas características se reflictan posteriormente no desempeño do posto. Por iso, á hora de enfrontarse a unha entrevista de traballo hai que mentalizarse de que un se está a vender a si mesmo, polo que deberá facelo do mellor xeito posible, despregando todas as súas aptitudes sociais.


Non todos os postos de traballo requiren das mesmas habilidades sociais. Por iso, pode ser conveniente unha análise previa da posición a desempeñar para descubrir que calidades deben ser melloradas e en cales non é necesario incidir tanto. Unha lectura detida da oferta de emprego, a reflexión sobre as funcións que leva consigo e a visión das persoas e departamentos cos que máis se estará en contacto poden ser de grande axuda.




Webgrafía y Bilbliografía:

(1996). P.O.T. Programa de Habilidades de Orientación al Trabajo. Salamanca, Amarú.
(1997). P.H.S. Programa de Habilidades Sociales. Salamanca, Amarú. 
(2000). P.V.D. Programa de Habilidades de la Vida Diaria. Salamanca, Amarú.


No hay comentarios:

Publicar un comentario