jueves, 9 de octubre de 2014

Marco Conceptual da Orientación laboral- Reflexión individual do bloque 1


Ao remate deste primer módulo do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, deberíanos quedar claro o encadramento do marco conceptual de referencia da orientación laboral:

- A orientación laboral forma parte das políticas activas de emprego. As PAE son o conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo, por conta propia ou allea; ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas, e ao fomento do espírito empresarial e a economía social. 

Quen é o encargado de levar a cabo estas políticas? No caso da nosa comunidade autónoma, desde o ano 1997, están transferidas as competencias en materia de emprego e formación, dentro do seu ámbito territorial. Aínda que a execución está descentralizada, as medidas e accións necesarias para o emprego promóvense, deséñanse e desenvólvense de xeito coordinado entre o Servizo Público de Emprego Estatal e os Servizos Públicos de cada Comunidade Autónoma.

As políticas activas de emprego encádranse no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia española de emprego (2012-2014), do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE), do Plan estratéxico de Galicia 2010- 2014 horizonte 2020 (PEG).

Para ter mais info sobre a estratexia de crecemento 2020:

- É imprescindible que o orientador/a laboral teña claro o funcionamento do mercado de traballo na actualidade, así como as previsións de evolución futura, é importante tamén saber qué sectores están a xerar emprego para poder situarse na realidade do mundo laboral e poder así asesorar aos seus usarios para que poidan lograr os seus obxectivos profesionais.
Para iso existen diferentes fontes de información donde podemos ver informes sobre datos de desemprego a nivel local e comarcal así como datos das contratacións: 
Informes anuais do mercado de traballo estatal.SEPE:
Informe sobre ocupacións máis contratadas en Galicia. 2011. Consellería de Traballo e 

O orientador/a debe estar informado dos novos xacimentos de emprego e as novas ocupacións que coa evolución das novas tecnoloxías están a aparecer e dos perfís que demandan as empresas. Para esto último o orientador pode axudarse dun plan de prospección do tecido empresarial da súa zona e comarca para así poder contribuir en maior medida ao obxectivo da inserción dos seus usuarios.

- Como orientadores laborais debemos ter moi en conta a Formación para o emprego e os certificados de profesionalidade, á hora de deseñar os IPIs dos nosos usuarios.
O obxectivo é a homoxeneización da acreditación profesional. Hai que ter en conta que son unha acreditación laboral e non educativa. Ainda que teñen certa correspondencia, títulos e certificados non son iguais e polo tanto non son directamente convalidables. Un título está formado polas unidades de competencia e os módulos formativos asociados, pertenecentes a un ou máis certificados e ademáis suele ter unha serie de coñecementos xerais que non se teñen en conta nos Certificados.

- O grao de benestar e a riqueza xerada por unha economía manteñen unha relación directa coa actividade emprendedora das persoas que integran a súa sociedade. A cultura do emprendemento, a innovación, a aprendizaxe continua, a xeración de coñecemento e a súa utilización no poceso de creación de empresas son as claves do desenvolvemento dunha sociedade.
A actividade emprendedora é un dos mecanismos adecuados para afrontar mellor a crise económica, pero si este é un emprendemento de calidade e de oportunidade que contrubúa á mellora do feble tecido empresarial do noso territorio.

Qué factores poden influir na incentivación do emprendemento?
  • Fomentar a valoración social da figura do empresario e o fomento da cultura emprendedora.
  • Fomento da formación específica para o emprendemento dun proxecto empresarial, que, salvo en estudios de FP que sí se contempla a formación específica neste eido, no resto da ensinanza ata o de agora non se traballaba.
  • Favorecemento do financiamento e as escasas posibilidades de obtelo.
  • Evitar o temor o fracaso, na nosa cultura todavía está moi estigmatizada a figura do erro ou fracaso.
  • Reducir a complexidade de trámites á hora de emprender.
  • Equiparar o coste de creación dunha empresa ao resto de Europa.

En resumen, o orientador/a laboral debería dominar múltiples áreas como son o marco de referencia das políticas activas de emprego e o seu encadramento na polítca estratéxica da UE; o mercado de traballo no que desempeña a súa labor e estar informado das súas tendencias; a oferta formativa que existe por parte da administración educativa e a administración laboral; coñecer os mecanismos e ferramentas para a inserción laboral por conta allea e a inserción por conta propia ou autoemprego, así como os incentivos que existen para ambas opcións (bonificacións, exencións, tipos de contratación, fiscalidade, subvencións,...)... Sempre co obxectivo en mente de mellora da empregabilidade da poboación desempregada e a súa inserción laboral (xa sexa por conta allea ou propia).



No hay comentarios:

Publicar un comentario