jueves, 9 de octubre de 2014

Marco conceptual de orientación laboral. Bloque I. Reflexión individual



Durante este primeiro bloque do Posgrado traballamos unha serie de conceptos e de terminoloxías que nos axudan adentrarnos máis no mundo da orientación laboral e o que todo isto conleva.  Conceptos que debemos coñecer e saber manexar no noso labor como orientadoras/es laborais.



Falouse das políticas de emprego vixentes tanto a nivel estatal como europeo, políticas que inciden nos plans e programas que se levan a cabo a distintos niveis. Nesta clase tamén se trataron as  políticas activas e pasivas.

O mercado laboral : traballamos a situación do paro actual, a crise,  unha crise global e económica que afecta a todos.

Falouse da estrutura do SEPE que xunto cos Servizos Públicos de Emprego das diferentes comunidades autonómicas forman a Sistema Nacional de emprego.


Páxinas webs de gran utilidade para poder estar ó día na medida do posible dos últimos recursos (datas de oposición,  cursos formativos e obradoiros,   ofertas de emprego e procesos de selección.. etc) recursos útiles tanto para nós como para proporcionarllos ós nosos usuarios.

Tamén fixemos un percorrido neste primeiro módulo da formación profesional,  no cal traballamos cousas como as competencias profesionais e os certificados de profesionalidade.

Por último tratamos o tema do emprendimento. Do cal levo algunha que outra idea clara, antes de emprender é preciso examinar con determinación a viabilidade do proxecto, plantexar os pros e os contras do traballo por conta propia.


Considero que o coñecemento destes conceptos e  terminoloxías son fundamentais para o noso traballo diario e para a busca dun obxectivo primordial e fundamental que é o de dar un mellor servizo ós nosos demandantes para  axudalos e orientalos para conseguir os seus propios obxectivos e metas, obxectivos diferentes e diversos xa que cada demandante ten os seus, para algúns pode ser mellorar a súa formación, para outros emprender nun novo negocio o autoempreo e para outros mellorar a súa empregabilidade e conseguir a inserción laboral.


Se partimos da base de que o emprego ademáis do incentivo económico é unha fonte de motivación intrínseca que nos axuda a autorrealizarnos e a manter a nosa autoestima alta. Debido a que adicamos un terzo da nosa vida adulta ó traballo, por iso é importante que este forme parte do  noso proxecto de vida.

O obxectivo profesional é fundamental traballalo ben co demandante xa que é a toma de decisión en canto a profesión, según F. Parson sinala 3 puntos fundamentais:


1. A compresión de si mesmo,  as súas aptitudes, habilidades, intereses, ambicións,  recursos, limitacións e causas.


2. O coñecemento dos requisitos e condición de éxito, ventaxe e desventaxe,  compensacións,  oportunidades e perspectivas laborais.


3. As relación entre ambos


Do autoanálise  das nosas capacidades e do coñecemento do mercado laboral podemos facer unha aproximación acertada do noso obxectivo profesional.




Como orientadora laboral de persoas con discapacidade considero que estes tres puntos son fundamentais para coñecer mellor o demandante que ven ao servizo solicitando algún tipo de axuda.

Penso que cada persoa é un mundo e a atención a cada demandante debe ser individualizada e ante todo personalizada xa que non é o mesmo tratar cunha persoa cunha discapacidade intelectual  que con unha con discapacidade física.

A min persoalmente este primeiro módulo pareceume interesante, serviume para refrescar conceptos que xa coñecía e para aprender recursos ou máis ben aprender onde podo atopar certos recursos, certa información e ferramentas que lle podo proporcionar ós meus demandantes.






Imos a ver que nos depara o segundo módulo ;)





Bibliografía:

-        
      - Temario do módulo 1, Posgrao de especialización en orientación laboral. 2014.

-         
   - Ocupaciones con tendencia positiva en la contratación. Enero 2012, observatorio de las ocupaciones del servicio público de empleo estatal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario