jueves, 30 de octubre de 2014

Reflexión individual Módulo 2

No tema 6 A Orientación Laboral e as competencias abordamos o Marco conceptual da orientación laboral, a orixe da mesma, que segundo Echeverría et al. ten lugar no contexto da Revolución Industrial, a orientación laboral nace nun contexto no que xorde a necesidade de dar respostas á nova sociedade industrial no que se produce un cambio importante nas profesións debido á necesidade de dividir os tipos de traballo e o requirimento de especialización de tarefas e necesidade de cualificación diferencial aos/ás obreiros/as. Tamén definimos o perfil profesional do orientador laboral, as tarefas que desenvolven (xestión da información, traballo con individuos, traballo con grupos, colocación-inserción, seguimento, coordinación, xestión), os principios cos que deben desenvolver a súa actuación (individualización, flexibilidade, desenvolvemento/procura da autonomía) e as competencias do orientador laboral, definindo a competencia como o “conxunto de coñecementos, procedementos e actitudes que unha persoa posúe e pon en práctica para afrontar eficazmente as funcións e tarefas que demanda unha profesión, co nivel e calidade requiridas e resolver os problemas emerxentes de forma autónoma e creativa e influír positivamente na súa contorna socio-laboral e na organización do traballo”.

Este tema para mi persoalmente foi moi interesante para coñecer ben a profesión do Orientador laboral, coñecer en profundidade as competencias, habilidades que ten que ter un bo profesional, demarcando as funcións do mesmo, xa que tiña algunhas ideas equivocadas ó non pertencer a este mundo da Orientación laboral.









No tema 7  Desenvolvemento de competencias comunicativas, tratamos o tema da comunicación, os elementos que a compoñen (emisor, receptor, mensaxe, canle, código, contexto), os tipos de comunicación (comunicación verbal e non verbal, recalcando sobre todo a importancia da non verbal, á que non se lle sole dar a importancia que merece, tanto nesta profesión coma noutras na que se mantén contacto directo cos usuarios), as barreiras da comunicación (elementos que poden influír na boa marcha desta), as técnicas efectivas de comunicación e os pasos para fixar un bo proceso de comunicación.

Este tema é moi importante para desenvolver unha adecuada orientación laboral, poder comunicarnos ben é a clave para que os usuarios que acudan a nós entendan ben o que lles queremos transmitir e tamén para que o que nos transmiten eles o podamos comprender  adecuadamente. Na comunicación entre persoas continuamente estamos enviando mensaxes, ben coa nosa actitude corporal a través de xestos e mediante emocións, como verbalmente, polo que é importante que as dúas partes coincidan para que o receptor da nosa mensaxe non teña unha idea errónea do que queremos transmitir.



No Tema 8 Habilidades e competencias sociais comezamos tratando a competencia social que é a capacidade para manter boas relacións con outras persoas, o que implica dominar as habilidades sociais básicas, capacidade para a comunicación efectiva, respecto, actitudes prosociais, asertividade, etc. En canto ás habilidades sociais con elas a persoa é capaz de executar unha conduta de intercambio con resultados favorables, con destreza, diplomacia, capacidade, competencia, aptitude. A importancia da de coñecer a intelixencia emocional (coñecer as propias emocións, manexar as emocións, motivarse a si mesmo, recoñecer as emocións dos demais, establecer relacións); o reforzamento (adestrar, analizar cada uso reforzando o que saíu ben e buscando alternativas ao “mellorable”, incorporar o reforzo ao estilo persoal e propio da comunicación); o traballo en equipo (para que un equipo traballe de forma eficaz débense dar unha serie de circunstancias: heteroxeneidade, número ideal, cada membro debe ter os coñecementos técnicos e as capacidades necesarias para desenvolver o traballo que lle corresponda , boa cohesión grupal); a resolución de conflitos (definir o problema, buscar  alternativas, analizar e avaliar cada unha das alternativas, decidir a alternativa máis adecuada, poñer en marcha, revisión).

Este tema é importante para que podamos resolver certas situacións nas que nos poidan surxir conflitos e poder resolvelos adecuadamente, incluso manexando as nosas emocións cando choquen cas accións dos usuarios, ademais tamén nos serve para poder transmitir adecuadamente o que queremos transmitir e ademais respectar o que a outra persoa pense ou sinta.



No tema 9 A web 2.0 para a orientación laboral comezamos falando das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) no que Internet é o canal conductor  de todas as tecnoloxías que o conforman e analizamos os datos de como se usa internet no mundo e o uso que se fai do mesmo. As TIC comprenden recursos, procedementos, tecnoloxías que nos a permitin acadar e mellorar as nosas competencias dixitais tanto para un desenvolvemento profesional como persoal.  A web 2.0 é a actual versión ou estadio da Intenet actual e ofrécenos unha serie de espazos e ferramentas (lectores RSS, marcadores sociais, redes sociais...), que se nos fan moi útiles para a busca de emprego, xa que nos serven para promocionarse persoalmente, porque existen aplicacións para realizar as entrevistas de traballo, polo que é importante coñecer estas novas ferramentas e estar actualizado, tanto para nós os orientadores para poder ofrecer unha boa orientación como para os nosos usuarios.
En canto á identidade e reputación online é moi importante ter en conta que a nosa identidade dixital constrúese a partir da nosa actividade persoal na rede, pero tamén da actividade dos demais en relación a nós, polo tanto, parte da nosa identidade dixital non estará controlada directamente por nós.



Por último, no tema 10 Competencias dixitais para a orientación laboral, falamos fundamentalmente do tratamento e xestión da información. Como orientadores/as teremos que:


  • Coñecer gran cantidade de fontes ás que pode acceder, os seus tipos e as características da información que ofrece cada unha delas.
  • Ter a capacidade de seleccionar as fontes que poidan responder mellor ás necesidades de información das nosas orientadas e orientados e ás nosas necesidades profesionais.
  • Aplicar estratexias de procura de información, de forma que se axusten ás necesidades de información que precisemos.
  • Recoñecer a importancia e poñer en valor cada unha das fontes atopadas, xulgando a súa pertinencia, calidade e confiabilidade.
  • Coñecer as ferramentas que nos poden axudar a filtrar e a curar as fontes dispoñibles e a información axeitada.



Neste tema profundizamos nas distintas ferramentas que podemos empregar para poder levar a cabo estas accións, como son os lectores RSS, marcadores sociais, redes sociais… ferramentas que tamén conforman o noso PLE (entorno persoal de aprendizaxe), e que tamén permiten o traballo colaborativo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario