Para
comenzar con esta reflexión individual do Marco Conceptual o primeiro decir que
me resultou algo novo para mi e tamén en algún aspectos complicado,
sobre todo no referente a Leis, políticas, reformas, plans… que en principio
pola miña profesión (Traballo Social), está relacionado pero nunca profundizara
tanto nelas e soamente as vira por encima.
En
canto ó Tema 1 O Marco de Referencia da
Orientación Laboral profundizamos no Sistema Nacional de Emprego, integrado
polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e os Servizos Públicos de
Emprego das Comunidades Autónomas, no noso caso o SPEG (Sistema Público de
Emprego de Galicia), definindo como se organizan, estruturan e as competencias
de cada un. Os coñecementos que tiña destes Servizos e as súas competencias
eran algo confusos para mi, xa que non diferenciaba moito as competencias
exactas de cada un.

O
Tema 2 trataba sobre O Mercado de
Traballo, no que tratamos os elementos que o componen (oferta e demanda),
adentrámonos no mundo do paro, identificando as súas causas e efectos dende
distintivas perspectivas (escola clásica e keynesiana), tipos de desemprego,
definimos as ocupacións e os novos xacementos de emprego.

No
Tema 3 Certificación e Formación
Profesional definimos os conceptos de cualificación e competencia
profesional, conceptos que pola miña parte non distinguía moi ben e profundizamos
no mundo da Formación Profesional, no que, persoalmente, cos novos cambios do
sistema educativo non coñecía ben a estrutura da FP.

Tamén
falamos de cómo acreditar as Competencias e dos certificados de
profesionalidade, definíndoos e identificando a súa estrutura e contidos.
Falando
deste tema da acreditación non coñecía os requisitos para poder acreditar as
competencias.
O Tema 4 Política Social e de emprego na Unión
Europea para min foi bastante difícil de levar, moitos conceptos,
estratexias, programas… en definitiva moitos novos nomes para asimilar.

Tamén
vimos os fondos para o financiamento das
políticas de emprego (FSE), e a REDE EURES, que é a Rede Europea de Servizos de
Emprego, que serve para proporcionar
servizos de información, asesoramento e contratación/ colocación (procura de
emprego) aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que
desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.
Este tema paréceme interesante
e deberíase coñecer ben xa que España é un país que está dentro da Unión
Europea e temos que coñecer os dereitos e deberes que temos dentro da Unión
Europea como cidadáns europeos que somos, e sobre todo para as persoas
interesadas na procura de emprego dentro destes países.

É importante saber ben este
tema xa que o emprendemento é unha forma de buscar por un mismo un posto de
traballo e salir do desemprego, ademáis de que o emprendedor tamén crea postos
de traballo para que outras persoas poidan acceder ao mercado laboral.
En xeral, o módulo 1, O Marco
Conceptual, resultoume algo complicado pero é totalmente necesario coñecer ben
cada un destes temas, xa que hai que ter unha base de coñecementos mínimos para
poder desempeñar a profesión da Orientación Laboral. Hai que coñecer ben os
conceptos, Leis, políticas, recursos existentes no ámbito do mercado de
traballo para poder desempeñar unha boa labor profesional e dar unha boa
información e asesoramento os usuarios, tarefa que sen estes conceptos sería
imposible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario