jueves, 30 de octubre de 2014

Reflexión sobre a curación de contidos: Feedly e Scoop.it

QUE É A CURACIÓN DE CONTIDOS?

A curación de contidos consiste en buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuílos de forma segmentada nunha organización ou colectivo.

A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou infoxicación. O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.

O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
A idea é máis ben crear un sistema que recompile e almacene información non efémera sobre un tema. É importante que a información teña validez no tempo e non caduque como acontece con moita da información dos medios de comunicación.

En conclusión curar contidos é filtrar información cun obxectivo claro e ben definido. En definitiva, a curación de contidos permítenos salvar o problema do exceso de información dunha forma sistemática e sinxela.

Modelos de curación de contidos
Rohit Bhargava formulou 5 modelos de curación de contidos:

1. Agregación: consiste en seleccionar e recompilar a información e contido máis importante sobre un tema concreto e aloxalo nun só lugar. Trátase de agrupar o contido considerado relevante sobre algún asunto en particular nunha mesma situación, para non o ter disperso en diferentes plataformas.

2. Destilación: consiste en facer máis simple a información, extraendo o máis relevante dun contido para resaltar as ideas máis útiles e importantes. O que se busca é gañar simplicidade, quedar co que realmente achega valor e non consumir información irrelevante, aínda que iso implique perder parte do contido orixinal.

3. Elevación: consiste en identificar, dentro das publicacións que a diario se fan en blogs, webs e redes sociais como Twitter, Facebook, Youtube ou Instagram, unha tendencia máis ampla ou unha visión de cales son os temas dos que máis se fala e que son máis influentes dentro do inmenso fluxo de mensaxes que se publican en Internet.

4. Mashup: consiste en fusionar ou combinar contidos que achegan diferentes puntos de vista sobre un tema específico, para crear unha perspectiva nova. Un mashup é unha mestura de información e datos que producen un novo resultado, utilizando a curación de contidos como base. Constrúese sobre o contido existente.

5. Cronoloxía: consiste en reunir toda a información que se foi xerando sobre un tema, de forma cronolóxica, para comprender como foi a súa evolución histórica. O que se busca é entender como cambiou a comprensión e visión dun determinado tema a través do tempo.

QUÉ É FEEDLY?

Feedly é un lector RSS, conta con aplicación web e móbil e permítenos agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes de noticias. Só fai falta engadir as páxinas do noso interese e teremos nun só lugar todas as actualizacións que se vaian xerando. É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo, ter organizadas as nosas fontes favoritas e non perdernos ningún contido. O seu maior atractivo é a súa simplicidade e a posibilidade de ter centralizada toda a nosa información.


Como podedes ver eu diferenciei sete categorías; Concellos, Discapacidade, Emprego, Ferramentas Orientación, Entidades, Prensa e BOE.

QUÉ É SCOOP.IT?
Scoop.it é unha ferramenta online práctica para realizar e compartir a vixilancia reactiva de informacións das palabras clave da súa elección. Conectado a diferentes fontes de informacións como Google (blogs, actualidades) e Twitter, Scoop.it permite compartir en forma dun xornal persoal as mellores páxinas web sobre temáticas específicas e evita así a fragmentación da súa vixilancia de informacións.

Scoop.it é tamén unha ferramenta de comunicación útil en complemento doutros soportes de expresión (blogs, sitios web) para dar a coñecer os seus coñecementos nun dominio en particular.

Persoalmente penso que tanto o Feedly como o Scoop.it son moi útiles para a orientación laboral, xa que é un xeito de ter moita información relacionada coun tema agrupada e ordeada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario