lunes, 13 de octubre de 2014

Reflexión grupal do Módulo 1: Os certificados de profesionalidade




Por que eliximos falar dos certificados de profesionalide no noso grupo?
 
Escollemos nesta primeira relflexión grupal a ponencia de Elena González de la Cámara Cayuela sobre “A estrutura da Formación Profesional e os Certificados de Profesionalidade”, e en concreto a obtención dos Certificados de Profesionalidade, porque estase a converter nestes últimos tempos nun dos temas que máis preguntas e aclaracións demanda nos nosos servizos de orientación laboral, posiblemente pola información que nalgúns casos de forma errónea ou confusa se facilita desde múltiples fontes.

viernes, 10 de octubre de 2014

Reflexión marco conceptual Alejandra

Para comenzar con esta reflexión individual do Marco Conceptual o primeiro decir que me resultou algo novo para mi e tamén en algún aspectos complicado, sobre todo no referente a Leis, políticas, reformas, plans… que en principio pola miña profesión (Traballo Social), está relacionado pero nunca profundizara tanto nelas e soamente as vira por encima.


En canto ó Tema 1 O Marco de Referencia da Orientación Laboral profundizamos no Sistema Nacional de Emprego, integrado polo SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal) e os Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas, no noso caso o SPEG (Sistema Público de Emprego de Galicia), definindo como se organizan, estruturan e as competencias de cada un. Os coñecementos que tiña destes Servizos e as súas competencias eran algo confusos para mi, xa que non diferenciaba moito as competencias exactas de cada un.
En referencia á Política de Emprego de España distinguimos entre políticas activas e pasivas, decir que tiña bastante claro estes conceptos e as diferencias entre elas, pero non coñecía a gran cantidade de reformas das políticas activas que se desempeñaron nin o Marco Institucional das mesmas nin os plans existentes e as estratexias tanto españolas como europeas que se levan a cabo, sendo esta parte do temario o mais complicado para min.



O Tema 2 trataba sobre O Mercado de Traballo, no que tratamos os elementos que o componen (oferta e demanda), adentrámonos no mundo do paro, identificando as súas causas e efectos dende distintivas perspectivas (escola clásica e keynesiana), tipos de desemprego, definimos as ocupacións e os novos xacementos de emprego.
Este tema paréceme importantísimo coñecelo a fondo para ser un bo profesional da Orientación Laboral, xa que é imprescindible ter estes coñecementos para desenvolver a orientación cas persoas, coñecer como está na actualidade o mercado laboral e como se comporta, cales son as ocupacións que necesitan mais traballadores, etc.





No Tema 3 Certificación e Formación Profesional definimos os conceptos de cualificación e competencia profesional, conceptos que pola miña parte non distinguía moi ben e profundizamos no mundo da Formación Profesional, no que, persoalmente, cos novos cambios do sistema educativo non coñecía ben a estrutura da FP.
Adentrámonos tamén no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, organizado en 26 familias profesionais e 5 niveis de cualificación, identificando cada unha delas e definindo cada nivel.
Tamén falamos de cómo acreditar as Competencias e dos certificados de profesionalidade, definíndoos e identificando a súa estrutura e contidos.
Falando deste tema da acreditación non coñecía os requisitos para poder acreditar as competencias.



O Tema 4 Política Social e de emprego na Unión Europea para min foi bastante difícil de levar, moitos conceptos, estratexias, programas… en definitiva moitos novos nomes para asimilar.
 Neste tema falamos das institucións e organismos comunitarios en materia de emprego, falamos da mobilidade dos traballadores dentro da Comunidade Europea (libre circulación dos traballadores, tendo dereito a buscar emprego noutro país da UE, traballar noutro país sen necesidade de permiso de traballo, residir noutro país por motivos de traballo, permanecer no mesmo cando deixasen de traballar  e recibir o mesmo trato que os cidadáns dese país no que respecta ao acceso ao emprego, as condicións de traballo e as vantaxes sociais e fiscais…)
Tamén  vimos os fondos para o financiamento das políticas de emprego (FSE), e a REDE EURES,  que é a Rede Europea de Servizos de Emprego, que serve para proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación/ colocación (procura de emprego) aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.

Este tema paréceme interesante e deberíase coñecer ben xa que España é un país que está dentro da Unión Europea e temos que coñecer os dereitos e deberes que temos dentro da Unión Europea como cidadáns europeos que somos, e sobre todo para as persoas interesadas na procura de emprego dentro destes países.



No Tema 5 A iniciativa emprendedora como forma de acceso ó mercado laboral vimos como está o emprendemento en Galicia e España, as desmotivación para non emprender, os elementos esenciais na iniciativa emprendedora (a idea (que actividade emprender?), persoa emprendedora (quen? E por que?) e plan de empresa (como?)). Vimos as vantaxes e inconvenientes de emprender e definimos o franquiado, ademáis tamén vimos o contido dun plan de empresa, como se estrutura e que ten que conter.
É importante saber ben este tema xa que o emprendemento é unha forma de buscar por un mismo un posto de traballo e salir do desemprego, ademáis de que o emprendedor tamén crea postos de traballo para que outras persoas poidan acceder ao mercado laboral.






En xeral, o módulo 1, O Marco Conceptual, resultoume algo complicado pero é totalmente necesario coñecer ben cada un destes temas, xa que hai que ter unha base de coñecementos mínimos para poder desempeñar a profesión da Orientación Laboral. Hai que coñecer ben os conceptos, Leis, políticas, recursos existentes no ámbito do mercado de traballo para poder desempeñar unha boa labor profesional e dar unha boa información e asesoramento os usuarios, tarefa que sen estes conceptos sería imposible.

jueves, 9 de octubre de 2014

Marco conceptual de orientación laboral. Bloque I. Reflexión individual



Durante este primeiro bloque do Posgrado traballamos unha serie de conceptos e de terminoloxías que nos axudan adentrarnos máis no mundo da orientación laboral e o que todo isto conleva.  Conceptos que debemos coñecer e saber manexar no noso labor como orientadoras/es laborais.



Falouse das políticas de emprego vixentes tanto a nivel estatal como europeo, políticas que inciden nos plans e programas que se levan a cabo a distintos niveis. Nesta clase tamén se trataron as  políticas activas e pasivas.

O mercado laboral : traballamos a situación do paro actual, a crise,  unha crise global e económica que afecta a todos.

Falouse da estrutura do SEPE que xunto cos Servizos Públicos de Emprego das diferentes comunidades autonómicas forman a Sistema Nacional de emprego.


Páxinas webs de gran utilidade para poder estar ó día na medida do posible dos últimos recursos (datas de oposición,  cursos formativos e obradoiros,   ofertas de emprego e procesos de selección.. etc) recursos útiles tanto para nós como para proporcionarllos ós nosos usuarios.

Tamén fixemos un percorrido neste primeiro módulo da formación profesional,  no cal traballamos cousas como as competencias profesionais e os certificados de profesionalidade.

Por último tratamos o tema do emprendimento. Do cal levo algunha que outra idea clara, antes de emprender é preciso examinar con determinación a viabilidade do proxecto, plantexar os pros e os contras do traballo por conta propia.


Considero que o coñecemento destes conceptos e  terminoloxías son fundamentais para o noso traballo diario e para a busca dun obxectivo primordial e fundamental que é o de dar un mellor servizo ós nosos demandantes para  axudalos e orientalos para conseguir os seus propios obxectivos e metas, obxectivos diferentes e diversos xa que cada demandante ten os seus, para algúns pode ser mellorar a súa formación, para outros emprender nun novo negocio o autoempreo e para outros mellorar a súa empregabilidade e conseguir a inserción laboral.


Se partimos da base de que o emprego ademáis do incentivo económico é unha fonte de motivación intrínseca que nos axuda a autorrealizarnos e a manter a nosa autoestima alta. Debido a que adicamos un terzo da nosa vida adulta ó traballo, por iso é importante que este forme parte do  noso proxecto de vida.

O obxectivo profesional é fundamental traballalo ben co demandante xa que é a toma de decisión en canto a profesión, según F. Parson sinala 3 puntos fundamentais:


1. A compresión de si mesmo,  as súas aptitudes, habilidades, intereses, ambicións,  recursos, limitacións e causas.


2. O coñecemento dos requisitos e condición de éxito, ventaxe e desventaxe,  compensacións,  oportunidades e perspectivas laborais.


3. As relación entre ambos


Do autoanálise  das nosas capacidades e do coñecemento do mercado laboral podemos facer unha aproximación acertada do noso obxectivo profesional.




Como orientadora laboral de persoas con discapacidade considero que estes tres puntos son fundamentais para coñecer mellor o demandante que ven ao servizo solicitando algún tipo de axuda.

Penso que cada persoa é un mundo e a atención a cada demandante debe ser individualizada e ante todo personalizada xa que non é o mesmo tratar cunha persoa cunha discapacidade intelectual  que con unha con discapacidade física.

A min persoalmente este primeiro módulo pareceume interesante, serviume para refrescar conceptos que xa coñecía e para aprender recursos ou máis ben aprender onde podo atopar certos recursos, certa información e ferramentas que lle podo proporcionar ós meus demandantes.






Imos a ver que nos depara o segundo módulo ;)





Bibliografía:

-        
      - Temario do módulo 1, Posgrao de especialización en orientación laboral. 2014.

-         
   - Ocupaciones con tendencia positiva en la contratación. Enero 2012, observatorio de las ocupaciones del servicio público de empleo estatal.




Marco Conceptual da Orientación laboral- Reflexión individual do bloque 1


Ao remate deste primer módulo do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, deberíanos quedar claro o encadramento do marco conceptual de referencia da orientación laboral:

- A orientación laboral forma parte das políticas activas de emprego. As PAE son o conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo, por conta propia ou allea; ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas, e ao fomento do espírito empresarial e a economía social. 

Quen é o encargado de levar a cabo estas políticas? No caso da nosa comunidade autónoma, desde o ano 1997, están transferidas as competencias en materia de emprego e formación, dentro do seu ámbito territorial. Aínda que a execución está descentralizada, as medidas e accións necesarias para o emprego promóvense, deséñanse e desenvólvense de xeito coordinado entre o Servizo Público de Emprego Estatal e os Servizos Públicos de cada Comunidade Autónoma.

As políticas activas de emprego encádranse no marco da Estratexia europea para o emprego, do Programa nacional de reformas, da Estratexia española de emprego (2012-2014), do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE), do Plan estratéxico de Galicia 2010- 2014 horizonte 2020 (PEG).

Para ter mais info sobre a estratexia de crecemento 2020:

- É imprescindible que o orientador/a laboral teña claro o funcionamento do mercado de traballo na actualidade, así como as previsións de evolución futura, é importante tamén saber qué sectores están a xerar emprego para poder situarse na realidade do mundo laboral e poder así asesorar aos seus usarios para que poidan lograr os seus obxectivos profesionais.
Para iso existen diferentes fontes de información donde podemos ver informes sobre datos de desemprego a nivel local e comarcal así como datos das contratacións: 
Informes anuais do mercado de traballo estatal.SEPE:
Informe sobre ocupacións máis contratadas en Galicia. 2011. Consellería de Traballo e 

O orientador/a debe estar informado dos novos xacimentos de emprego e as novas ocupacións que coa evolución das novas tecnoloxías están a aparecer e dos perfís que demandan as empresas. Para esto último o orientador pode axudarse dun plan de prospección do tecido empresarial da súa zona e comarca para así poder contribuir en maior medida ao obxectivo da inserción dos seus usuarios.

- Como orientadores laborais debemos ter moi en conta a Formación para o emprego e os certificados de profesionalidade, á hora de deseñar os IPIs dos nosos usuarios.
O obxectivo é a homoxeneización da acreditación profesional. Hai que ter en conta que son unha acreditación laboral e non educativa. Ainda que teñen certa correspondencia, títulos e certificados non son iguais e polo tanto non son directamente convalidables. Un título está formado polas unidades de competencia e os módulos formativos asociados, pertenecentes a un ou máis certificados e ademáis suele ter unha serie de coñecementos xerais que non se teñen en conta nos Certificados.

- O grao de benestar e a riqueza xerada por unha economía manteñen unha relación directa coa actividade emprendedora das persoas que integran a súa sociedade. A cultura do emprendemento, a innovación, a aprendizaxe continua, a xeración de coñecemento e a súa utilización no poceso de creación de empresas son as claves do desenvolvemento dunha sociedade.
A actividade emprendedora é un dos mecanismos adecuados para afrontar mellor a crise económica, pero si este é un emprendemento de calidade e de oportunidade que contrubúa á mellora do feble tecido empresarial do noso territorio.

Qué factores poden influir na incentivación do emprendemento?
  • Fomentar a valoración social da figura do empresario e o fomento da cultura emprendedora.
  • Fomento da formación específica para o emprendemento dun proxecto empresarial, que, salvo en estudios de FP que sí se contempla a formación específica neste eido, no resto da ensinanza ata o de agora non se traballaba.
  • Favorecemento do financiamento e as escasas posibilidades de obtelo.
  • Evitar o temor o fracaso, na nosa cultura todavía está moi estigmatizada a figura do erro ou fracaso.
  • Reducir a complexidade de trámites á hora de emprender.
  • Equiparar o coste de creación dunha empresa ao resto de Europa.

En resumen, o orientador/a laboral debería dominar múltiples áreas como son o marco de referencia das políticas activas de emprego e o seu encadramento na polítca estratéxica da UE; o mercado de traballo no que desempeña a súa labor e estar informado das súas tendencias; a oferta formativa que existe por parte da administración educativa e a administración laboral; coñecer os mecanismos e ferramentas para a inserción laboral por conta allea e a inserción por conta propia ou autoemprego, así como os incentivos que existen para ambas opcións (bonificacións, exencións, tipos de contratación, fiscalidade, subvencións,...)... Sempre co obxectivo en mente de mellora da empregabilidade da poboación desempregada e a súa inserción laboral (xa sexa por conta allea ou propia).



Certificados de profesionalidad

miércoles, 8 de octubre de 2014

Reflexión individual Bloque I



Reflexión individual Bloque I



Desde un punto de vista personal reflexiono sobre lo más destacado en relación al bloque del curso, el marco actual de la política de empleo en España, la política de empleo en Europa, las medidas y políticas activas de empleo para luchar contra el desempleo y las TIC.

Este marco conceptual de referencia me permite exponer algunas cuestiones como por ejemplo, la situación actual de desempleoLas causas se podrían buscar, en las deficiencias existentes en el sistema educativo, en la rigidez del mercado de trabajo y en el tejido empresarial de la realidad española entre otras. La evolución del paro en función del nivel de formación también es diferente entre los países y por lo tanto el desempleo.
Mientras que el desempleo a largo plazo de la población de mayor edad presenta un comportamiento más estático, el de los jóvenes se ve sometido al comportamiento cíclico de la economía.


Formacion poblacion adulta.PNG



De acuerdo con la estrategia de Europa 2020, se impulsan medidas para crear puestos de trabajo, equilibrar los mercados laborales y supervisar las políticas de empleo de los países de la UE, con iniciativas entre otras, como las medidas para fomentar el empleo juvenil, iniciativas Europa 2020, etc, pero es la UE y los gobiernos nacionales los que comparten la responsabilidad en las políticas de empleo. El FSE cubre el conjunto de actividades relativas a la educación y formación, no obstante la formación requerida por el sistema productivo no conecta con la realidad del mercado laboral. Para el reconocimiento de la experiencia profesional, la formación para el empleo y los certificados de profesionalidad son un buen recurso por procedimientos de evaluación y acreditación de competencias. Y en este caso el asesoramiento es fundamental. (BOE, núm. 145, Lunes 16 de junio de 2014).


Cretificados de prifesionalidad.PNG




Idea.PNG
También se ve como repuntan las iniciativas de los ciudadanos por establecerse como trabajadores por cuenta propia motivados por la dificultad de encontrar trabajo en el sector privado. Poner en mayor valor la actividad de los emprendedores, con acciones, políticas activas de empleo (asesoramiento, formación y búsqueda de empleo) es ya un objetivo estratégico de la UE.
                                                                               
tic.jpg
Subrayo también como materia importante el uso de las TIC. El vínculo entre las tecnologías de la información y de la comunicación (TIC) para el crecimiento económico y la creación de nuevos empleos, es real, sin embargo, complejo, pero es, en este terreno, donde se debe reflexionar acerca de esa buena combinación de políticas económicas asociadas a los beneficios de las TIC en la economía y en la sociedad.




BIBLIOGRAFÍA Y WEBGRAFÍA:
http://www.orientared.com/bibliografia/biborien.php

viernes, 3 de octubre de 2014

A chave de entrada

A forma elixida e  porque simboliza a chave de entrada ao mercado laboral.

As palabras todas elas están relacionadas coa orientación laboral, empezando por estudar o perfil do demandante de emprego, as súas habilidades e motivación de cara a búsqueda de emprego.
Con todo isto realizamos unha planificación individualizada da búsqueda de emprego.
A prospección de emprego onde se trata de casar aos demandantes de emprego coas necesidades das empresas.