Mostrando entradas con la etiqueta Perfis profesionais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Perfis profesionais. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de noviembre de 2014

Reflexión individual do módulo 3. O marco instrumental.

Neste módulo traballamos sobre o Marco Instrumental do traballo de orientación laboral, é dicir qué técnicas ou ferramentas podemos utilizar á hora de traballar cos nosos usuarios/as na procura ou mantemento do emprego. 

Todo proceso de orientación laboral debe ser adaptado ao usuario/a e debe axustarse en todo momento ás circunstancias do usuario/a. A intervención pode ser individual ou grupal dependendo das necesidades do usuario/a que prentendemos satisfacer.
A función da orientación é a de asesorar e facilitar a toma de decisións de cada usuario/a, en relación coa súa intervención laboral, ofrecendo respostas planificadas conxuntamente a partir dunha diagnose ocupacional, para incrementar ou mellorar a súa ocupabilidade. 
O obxectivo do proceso de orientación é dotar ao individuo dos recursos, habilidades e competencias que lle permitan xestionar de manera autónoma a súa procura de emprego. 

Cales son os instrumentos dos que dispón o orientador/a laboral?

Os Itinerarios Personalizados de Inserción ou IPIs:
Os IPIs son unha ferramenta apropiada para a definición, realización e seguimento dunha secuencia concatenada de accións que leven a acadar o obxectivo da inserción laboral. 
Fases dun itinerario: 
1. Acollida: a entrevista de acollida é a toma de contacto co usuario/a onde se recollen datos indentificativos é a primeira toma de contacto entre orientador/a e usuario/a. 
2. Diagnose: nesta fase ten lugar a "entrevista ocupacional" onde se analiza a súa situación laboral (datos curriculares, capacidades e dispoñibilidade... e persoal cara o emprego, para proceder a realizar unha diagnose completa. O obxectivo é identificar e cubrir axeitadamente as súas necesidades, defininindo un proceso axustado a cada perfil. 

3. Definición do itinerario: estáblecese de acordo co participante unha serie de actividades, estratexias, servizos e programas nos que participará, de xeito planificado. Esta fase require que previamente o usuario/a tome conciencia sobre as capacidades, habilidades e intereses persoais para definir o obxectivo profesional e posibilidades de acadar o obxectivo laboral. 

4. Desenvolvemento: Ao longo desta fase terán lugar as actividades descritas no Itinerario e farase un seguimento por parte do orientador con titorías planificadas, co obxectivo de favorecer a motivación e analizar os progresos acadados e se fose necesario modificar o itienerario. 
5. Remate do itinerario: Cando o usuario/a acada o seu obxectivo ou si abandona o proceso. 

Ao longo de todo o IPI realizaranse actuacións específicas de reforzo e motivación así como actuacións para dar a coñecer as tendencias do mercado laboral. 

A entrevista de orientación laboral: 
O obxectivo da entrevista é que o orientador indague non só sobre as cuestións estritamente académicas ou laborais, senón sobre todos aqueles aspectos que forman parte do currículo oculto da persoa e que permitirán valora cal é o seu punto de partida e o seu nivel de empregabilidade. 

Destacar neste apartado a Entrevista por Competencias. As competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para conseguir uns resultados. son conductas  e maneiras de facer dos que presentan un resultado excelente. Ao falar de competencias estamos a integrar tres conceptos: SABER, FACER E QUERER
O entrevistador céntrase na obtención de exemplos conductuales do candidato na súa vida profesional, académica e persoal, os cuais serán analizados e servirán como elementos de predicción sobre o comportamento do candidato no seu futuro laboral cercano. Para iso realízanse preguntas que axuden ao candidato/a a recordar situacións específicas ás que tivo que enfrentarse e o resultado que obtivo. 
No seguinte enlace podemos ver unha boa guía para levar a cabo este tipo de entrevista e as preguntas tipo que se realizan: http://goo.gl/ivl3fm

O proceso de análise de perfis profesionais e a prospección de emprego:
O orientador xunto co usuario/a deben analizar os recursos de información dispoñibles para facer unha análise dos perfís profesionais que está a demandar o mercado e que poden orientar a procura de emprego do usuario: ofertas laborais publicadas; os certificados de profesionalidade da Consellería de traballo e Benestar, onde se acredita unha cualificación do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; o Instituto Galego das Cualificacións proporciona información sobre ocupacións e indicadores do mercado de traballo; contactos...

A prospección de emprego: acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademáis de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desevolvemento de actitudes e de responsabilidade social. 
Á hora de facer un proceso de prospección é fundamental coñecer moi ben o perfil do colectivo ao que estamos a atender para poder dirixir a proceso e personalizalo. 
O proceso de prospección permite dar a coñecer ao tecido empresarial unha bolsa de profesionais cualificados que doutro xeito non serían visibles polas súas dificultades de acceso ás ofertas, e tendo en conta, ademais, que moitas ofertas non se chegan a publicar. E por outra banda, permite que determinados colectivos de usuarios/as teñan acceso a ofertas de traballo que doutro xeito non serían accesibles, xa que non dispoñen dos recursos necesarios para a procura de emprego. 
A prospección require moita preparación por parte do orientador e moito traballo de campo, pero é unha das ferramentas máis efectivas para a inserción laboral, e que ademais permite ver as necesidades do tecido empresarial á hora de formar candidatos cualificados de acordo as carencias formativas detectadas nesas visitas e entrevistas de prospección coas empresas. 
No seguinte enlace deixo unha guía para a realización dun proceso de prospección de emprego: http://goo.gl/5RsOO6

Técnicas e ferramentas para o emprego e autoemprego:
Unha vez que o usuario/a ten o seu obxectivo profesional definido, existen diferentes técnicas e ferramentas para a procura activa de emprego. Traballaremos co usuario/a na orientación da realización do seu Currículum orientándoo sobre cal é máis adecuado dacordo co seu perfil (cronolóxico, funcional, por competencias, Europass...) insistindo en que o currículum é a nosa carta de presentación ante unha empresa que está a buscar candidatos, polo que hai que traballalo, actulizalo e adaptalo a cada oferta. Neste punto, incidiremos nas novas ferramentas para a procura de emprego: webs de empresas, portais de emprego, redes sociais profesionais (Linkedin) e xenéricas (Facebook, Twitter, etc.), novas ferramentas (videocurrículum, blogues, etc.).

Cando estamos a falar de autoemprego a ferramenta por excelencia é o Plan de Empresa, nas titorías de autoemprego traballaremos a participación activa do usuario/a no estudio da madurez e viabilidade do seu proxecto axudándonos en diferentes ferramentas como son as que están a nosa disposición na páxina do IGAPE, destacando a guía para a realización do plan de empresa. 

Si na procura de emprego por conta allea o currículum é a nosa identidade, á hora de crear o noso propio posto de traballo, o Plan de Empresa é a nosa carta de presentación ante un posible investidor, ante un posible cliente ou proveedor, ante unha entidade bancaria á que presento unha solicitude de financiación, etc.. É por iso, que o plan debe ser claro, conciso, breve, ben estruturado e de fácil lectura, onde quede totalmente claro cal é o meu proxecto, cómo se vai financiar e cómo o vou dar a coñecer. 


María Lloves





jueves, 27 de noviembre de 2014

Reflexión individual, módulo 3.

Na recta final do curso de posgrado de especialización de orientación laboral centrámonos en temas específicos da orientación laboral. Ao longo destes seis temas fixemos un percorrido pasando por diferentes aspectos da orientación laboral empezando polos intermediación laboral, os itinerarios de inserción laboral, procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisión, análise dos perfis profesionais e prospección de emprego, técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego, e finalizando na elaboración dun plan de empresa.
Neste último módulo tratáronse  temas de gran interese.

A intermediación laboral:

O obxectivo da intermediación laboral é ofrecer ás persoas desempregadas, a vía para acceder a ofertas de emprego.

Por iso é importante levar a cabo o desenvolvemento de diferentes iniciativas, como plans de captación de ofertas, programas de visitas e encontros con empresas ou campañas de comunicación dirixidas ao tecido empresarial.

Trabállase coas empresas para xerar oportunidades de emprego, promovendo os perfís profesionais dos demandantes, así como as capacidades e competencias dos demandantes no desempeño de diferentes postos de traballo.

É convinte realizar un completo proceso de preselección para identificar aqueles perfís que máis se axustan ás ofertas de emprego.

Os itinerarios de inserción laboral:

O orientador debe valoración a posibilidade de ter un IPI no cal ten que existir un compromiso entre o orientador e  o demandante, tarefas e accións para levar a cabo co fin que lle  permitan acadar a inserción laboral.
Cando levamos a acabo un itinerario de inserción temos que ter en conta varios aspectos:
- Os itinerarios deben constar dunha fase de acollida, unha fase de desenrolo e unha avaliación.
- Son flexibles para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar. Teñen capacidade de adaptación a un entorno en constante cambio.
- Débese presentar a intervención laboral como un continuo onde situar os recursos e marcar a pauta da formulación de obxectivos.

As entrevistas e a orientación:

Hai que traballar varios aspectos co demandante: Pautas a seguir nunha entrevista (linguaxe formal e non formal, vestimenta axeitada, potenciación de puntos fortes (fortalezas) e cómo traballar para mellorar os puntos débiles (debilidades), etc).
A reformulación positiva é un aspecto fundamental nas entrevistas o cal consiste en facer dos puntos negativos aspectos positivos. É un aspecto moi valorado polos entrevistadores. Existen diferentes modalidades de entrevistas en función das persoas  que interveñen, da técnica de interrogar ou do clima da entrevista. Tamén existen diferentes formatos e diferentes tipos de entrevistadores.

Os perfis profesionais: Básase no análise das competencias que esixe cada posto.

Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e autoemprego:

As técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego teñen como finalidade ofrecer unha serie de pautas:
           - Elaboración do currículum vitae
           - Elaboración da carta de presentación
O currículum e a carta de presentación  son medios fundamentais para posibilitar o acceso ao emprego.

Autoemprego:

É un xeito de xenerar o seu propio posto de traballo. Moi importante contar cunha serie de cualidades; creatividade, constancia e resistencia.
Para embarcarse no autoemprego o emprendedor debe ter unha serie de características persoais, capacidade física e intelectual, formación o/e experiencia previa, aptitutes negociadoras, habilidades organizativas e de coordinación.

O Plan de empresa:

É un instrumento fundamental cando se quere poner en marcha un proxecto empresarial. Permite contrastar as ideas de negocio e reducir os riscos que se poidan presentar. O plan debe ser completo, coherente, realista e conciso.
O proxecto empresarial, didicarase aos productos o servizo que se pensa ofertar dunha forma clara e sintética.




Desde a miña experiencia como orientadora laboral de persoas con discapacidade cabe destacar que a orientación encamiñada a este colectivo debe facerse dun xeito personalizada xa que non existe un demandante igual a outro, cada demandante ten os súas capacidades, obxectivos e expectativas.
A metodoloxía de traballo comeza ca primeira toma de contacto da entidade co demandante de emprego para a súa incorporación ó Servizo Público de emprego, rematando ca súa inserción laboral ou en casos especiais ca súa inserción no ámbito da formación.
Desde a toma de contacto ata a fase final o demandante pasa por unha serie de etapas de información, asesoramento, orientación, apoio e formación.

As diferentes etapas levadas a cabo co demandante pódense encadrar nas seguintes:

1. TOMA DE CONTACTO CO DEMANDANTE
2. PREPARACIÓN PREVIA DA CITA DE ORIENTACIÓN
3. CITA DE ORIENTACIÓN
          
3.1 Comprobación da información curricular e modificación ou actualización da  mesma se fora o caso.
           
3.2. Diagnóstico de necesidades:
É importante analizar as necesidades de cada demandante, necesidades que son individuais, cada demandante ten as súas, necesidades de índole diversa.
O diagnóstico das necesidades farase en todo caso de forma individual e personalizada para traballar as habilidades e as carencias do mellor xeito posible e sempre adaptadas as necesidades de cada demandante.
Unha vez analizadas as necesidades levaranse a cabo as accións que máis se adapten a ditas necesidades, estas poden ser:
-          Información e orientación de cómo elaborar un cv.
-          Adquisición de recursos para levar unha búsqueda activa de emprego
-        Información e orientación de cómo elaborar unha carta de presentación (modelos e tipos)
-          Pautas a seguir nunha entrevista 
          
3.3. Axuste das expectativas: 
Trabállase cales son os obxectivos que quere acadar o demandante, e a súa prioridade,  cal é a súa formación e experiencia,  como afecta a súa discapacidade a hora de despeñar un traballo. Cales son as súas habilidades e capacidades.
          
3.4. Axuste do itinerario do demandante en función  da súa demanda, e do seu cv profesional.
         
3.5. Valoración da posibilidade de ter un IPI.

4. SEGUIMENTOS
5. BÚSQUEDA DE RECURSOS E INFORMACIÓN ACTUAL


Considero que unhas das principais competencias do orientador laboral é saber buscar os seus propios recursos e ferramentas dos cales poder botar man. Levar unha búsqueda activa de recursos e información actual para acadar os coñecementos necesarios para poder prestar mellor servizo ós demandantes, esto supón estar ao día das novas aplicacións informáticas, novos boletíns, novos cursos, novas convocatorias, etc.
Xa que é fundamental proporcionarlle os demandantes unha información veraz e recursos útiles para que a súa búsqueda de emprego acabe en êxito que non é outro que a inserción laboral.


“As túas vitorias son sonos que nunca deches por perdidos