Mostrando entradas con la etiqueta curación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curación. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de octubre de 2014

Curación de contidos

A chegada de Internet supuxo un cambio moi importante na xestión da información especializada sobre calqueira tema, pasamos dunha consulta bibliográfica a unha consulta "webgráfica". Dispoñemos de calquer tipo de información a un só golpe de click. Esto supón un problema en moitos casos pola saturación de información a que nos enfrontamos, qué o máis importante?, cales son as novas que máis me interesan?, cales son as actualizacións que teño que ter en conta?
A esto hai que engadir o "desdoblamento de personalidade" que moitos de nós temos que facer cada día, actualizar e coidar os nosos perfís sociais profesionais, persoais e laborais (do noso traballo) buscando información, novas, e recursos de interese para os nosos usuarios, para o noso entorno persoal de aprendizaxe, para a nosa propia marca persoal, sen olvidar, por suposto, o noso tempo de ocio. 

Así, diariamente consultamos diarios e boletíns oficiais, botámos un ollo á prensa, revisamos ofertas de emprego, revisamos prazos de axudas e outras convocatorias, actualizamos normativas, buscamos actividades de formación, revisamos perfís de redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin), consultamos blogues, revisamos páxinas de entidades que nos interesan para o noso traballo ...

Persoalmente, coñecín neste curso as ferramentas de curación de contidos Feedly e Scoop.it! e que nos poden axudar a xestionar con eficacia estas tarefas diarias. 

Pero qué é a curación de contidos? É o proceso de filtrar, agrupar e compartir toda a información que provén de diferentes fontes para quedarnos coa mellor, a máis completa e a que máis poida interesarnos segundo o noso perfil de usuario. 

Qué vantaxes ten? permiten centralizar nun só espazo os artigos, publicacións que fan as páxinas, blogues, servizos oficiais, etc. que son do noso interese sen ter que revisar cada un deles. Deste modo, aforramos tempo e  temos a información organizada. 
En función de qué ferramenta utilicemos poderemos organizar os contidos en forma de paneis ou listas e incluso poderemos compartilos noutros espazos, "apartalos" para unha lectura posterior ou publicalas coas nosas achegas. 

Aínda que o seguirei completando pouco a pouco, aquí vos deixo o meu panel Feedly:



A outra ferramenta de curación de contidos e que estou empezando a utilizar é Scoop.it!, donde se pode reunir información para mostrala e compartila dunha forma visualmente atractiva na rede. O seu nome vén do termo inglés "scoop" que significa "primicia". Aquí a vixilancia da información faise a través de "palabras chave". 

Aquí vos deixo tamén unha captura do meu Scoop.it!:






Reflexión sobre a curación de contidos: Feedly e Scoop.it

QUE É A CURACIÓN DE CONTIDOS?

A curación de contidos consiste en buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuílos de forma segmentada nunha organización ou colectivo.

A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou infoxicación. O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.

O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
A idea é máis ben crear un sistema que recompile e almacene información non efémera sobre un tema. É importante que a información teña validez no tempo e non caduque como acontece con moita da información dos medios de comunicación.

En conclusión curar contidos é filtrar información cun obxectivo claro e ben definido. En definitiva, a curación de contidos permítenos salvar o problema do exceso de información dunha forma sistemática e sinxela.

Modelos de curación de contidos
Rohit Bhargava formulou 5 modelos de curación de contidos:

1. Agregación: consiste en seleccionar e recompilar a información e contido máis importante sobre un tema concreto e aloxalo nun só lugar. Trátase de agrupar o contido considerado relevante sobre algún asunto en particular nunha mesma situación, para non o ter disperso en diferentes plataformas.

2. Destilación: consiste en facer máis simple a información, extraendo o máis relevante dun contido para resaltar as ideas máis útiles e importantes. O que se busca é gañar simplicidade, quedar co que realmente achega valor e non consumir información irrelevante, aínda que iso implique perder parte do contido orixinal.

3. Elevación: consiste en identificar, dentro das publicacións que a diario se fan en blogs, webs e redes sociais como Twitter, Facebook, Youtube ou Instagram, unha tendencia máis ampla ou unha visión de cales son os temas dos que máis se fala e que son máis influentes dentro do inmenso fluxo de mensaxes que se publican en Internet.

4. Mashup: consiste en fusionar ou combinar contidos que achegan diferentes puntos de vista sobre un tema específico, para crear unha perspectiva nova. Un mashup é unha mestura de información e datos que producen un novo resultado, utilizando a curación de contidos como base. Constrúese sobre o contido existente.

5. Cronoloxía: consiste en reunir toda a información que se foi xerando sobre un tema, de forma cronolóxica, para comprender como foi a súa evolución histórica. O que se busca é entender como cambiou a comprensión e visión dun determinado tema a través do tempo.

QUÉ É FEEDLY?

Feedly é un lector RSS, conta con aplicación web e móbil e permítenos agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes de noticias. Só fai falta engadir as páxinas do noso interese e teremos nun só lugar todas as actualizacións que se vaian xerando. É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo, ter organizadas as nosas fontes favoritas e non perdernos ningún contido. O seu maior atractivo é a súa simplicidade e a posibilidade de ter centralizada toda a nosa información.


Como podedes ver eu diferenciei sete categorías; Concellos, Discapacidade, Emprego, Ferramentas Orientación, Entidades, Prensa e BOE.

QUÉ É SCOOP.IT?
Scoop.it é unha ferramenta online práctica para realizar e compartir a vixilancia reactiva de informacións das palabras clave da súa elección. Conectado a diferentes fontes de informacións como Google (blogs, actualidades) e Twitter, Scoop.it permite compartir en forma dun xornal persoal as mellores páxinas web sobre temáticas específicas e evita así a fragmentación da súa vixilancia de informacións.

Scoop.it é tamén unha ferramenta de comunicación útil en complemento doutros soportes de expresión (blogs, sitios web) para dar a coñecer os seus coñecementos nun dominio en particular.

Persoalmente penso que tanto o Feedly como o Scoop.it son moi útiles para a orientación laboral, xa que é un xeito de ter moita información relacionada coun tema agrupada e ordeada.