Mostrando entradas con la etiqueta aprendizaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aprendizaxe. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de noviembre de 2014

O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe


O PLE (Personal Learning Environment) está conformado por unha variedade de elementos cos que interactuamos no noso día a día no traballo, na casa, nos momentos de ocio, etc, tales como redes sociais, blogues, organización da información... etc.

Podo afirmar que o meu PLE, actualmente, variou dende que comecei o curso de Postgrao de Especialización en Orientación Laboral, xa que aumentou con novas ferramentas como Diigo, Scoop.it, Feedly, que anteriormente non coñecía e que posiblemente sega a empregalas no futuro, xa que algunhas me parecen bastante útiles.

A continuación mostro o meu PLE




jueves, 6 de noviembre de 2014

Mi entorno personal de aprendizaje.

En este proyecto que he desarrollado respecto a la creación de un entorno personal de aprendizaje (PLE) destaco los elementos valorativos para poder desarrollar acciones de formación y orientación laboral y proporcionar apoyo para fijar unas metas de aprendizaje incluyendo las nuevas formas en la sociedad del conocimiento e intermezclando formación formal, no formal e informal.

De esta forma presento el conjunto de herramientas de aprendizaje, servicios y artefactos recogidos de diversos contextos y distribuido en este esquema para que sean utilizado, o bien para comunicarme-formarme, o bien para preparar una búsqueda de empleo.

Con estas herramientas, pues, adjunto información y recursos, eventos y noticias relacionados con mi desarrollo personal en el campo de la educación y/o en el de la orientación laboral.

Respecto a la formación formal, señalo el aprendizaje en el colegio y en la universidad, siempre desde modelos centrados en el profesor y no en el estudiante. Sin embargo, el uso de estas herramientas favorece, en este entorno actual, que el estudiante sea el motor y el eje central del aula, y que el profesor pase a un segundo plano: "el profesor también aprende y no siempre tiene la razón".

En el mundo de la orientación laboral, el buen uso de estas herramientas favorece la ayuda a la inserción profesional y laboral.

Lo aprendido de una forma informal a través de los amigos, familia, los medios de comunicación, la lectura, etc. se conjuga perfectamente en estos espacios productores de información y recursos que puedo ir construyendo a lo largo del tiempo.






miércoles, 5 de noviembre de 2014

Entorno persoal de aprendizaxe (PLE)

O meu entorno persoal de aprendizaxe ou PLE

A verdade é que a primeira vez que escoitei falar do PLE foi neste Curso de Posgrao fai xa unhas cuantas semanas. O certo é que me pareceu algo complicado e que cando me enterei de que unha das tarefas que había que realizar era o teu propio PLE só me alegrou ler que ata novembro non había que presentalo, así que malo sería que non lle puidera dar unhas voltas, pero...eu creo que non teño diso...(pensei naquel momento).

E así foi, primeiro intentei clarificar qué era un Entorno Persoal de Aprendizaxe ou PLE
Segundo a definición de Linda Castañeda e Jordi Adell (1) "é o conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa utiliza de forma asidua para aprender". É dicir,  o conxunto de ferramentas, servizos e conexións que empregamos para alcanzar diversas metas vinculadas á adquisición de novas competencias. 

Un PLE pode estar formado dun ou varios subsistemas, servizos web, redes sociais, aplicacións... O PLE é o entorno onde aprendemos usando eficientemente as tecnoloxías. Hoxe en día calquera usuario das novas tecnoloxías pode ser creador e proveedor de información, así como consumidor. A información está a fluír constantemente e é canalizada en función dos intereseses de cada persoa. A aprendizaxe a través do PLE supón o desenvolvemento da nosa competencia de comunicación dixital, consumindo pero creando ao mesmo tempo os nosos propios contidos ou recursos e compartíndoos. 

En realidade, tendo estos conceptos claros e organizándoos si que podo facer o meu entorno persoal de aprendizaxe, que, citando de novo a Jordi Adell, xa que "un PLE se desenvolve ao longo do tempo", a data de hoxe consta de dúas ferramentas novas que nunca utlilizara pero que si me parecen moi útiles e que son as de filtraxe ou curación de contidos (ver entrada de curación de contidos). 

Ben, pois aquí vos deixo o meu entorno persoal de aprendizaxe que representei a través de interseccións de conxuntos porque en realidade hai ferramentas que utilizo en diferentes sentidos e con varias finalidades (como entrada e saída de información á hora de buscar, crear e compartir,...).


(1) Castañeda, L & Adell, J. (2013). Entornos Personales de Aprendizaje: Claves para el Ecosistema Educativo en Red.

martes, 4 de noviembre de 2014

O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe!!


No ámbito da orientación laboral é útil o fomento e xeración de ámbitos persoais de aprendizaxe en persoas desempregadas co obxectivo de mellorar a súa alfabetización dixital e o seu empregabilidade.

Nos PLE son os propios demandantes os que marcan os seus obxectivos de aprendizaxe e seguen un ritmo personalizado polo que é preferible non pechar en exceso as sesións e dotar de liberdade o usuario para que poida elixir que tipo de ferramentas usar, cales descartar e teña a última decisión no seu ámbito persoal de aprendizaxe, o cal pode seguir construíndo durante toda a súa vida.

O meu PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe) a día de hoxe é así.



jueves, 18 de septiembre de 2014

Experimentando con Tagxedo



A imaxe que escollín como podedes observar é unha especie de nube, nube que neste caso representa ao meu cerebro, no cal vou almacenado e rexistrando cada día o aprendido no curso.
Os meus intereses para realizar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral baséanse nunha palabra clave que é “aprendizaxe”, aprender adquirindo novos coñecementos no eido da orientación laboral, coñecer recursos útiles, ferramentas e aplicacións informáticas que poida empregar no meu traballo diario.
Considero que unha forma moi útil de levar a cabo esta aprendizaxe  é traballar  en equipo para aprender dos meus compañeiros/as, intercambiar ideas e, sobre todo, mellorar as miñas competencias e capacidades profesionais. En definitiva, poder prestar un mellor servizo aos meus demandantes.