jueves, 18 de septiembre de 2014

Experimentando con Tagxedo



A imaxe que escollín como podedes observar é unha especie de nube, nube que neste caso representa ao meu cerebro, no cal vou almacenado e rexistrando cada día o aprendido no curso.
Os meus intereses para realizar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral baséanse nunha palabra clave que é “aprendizaxe”, aprender adquirindo novos coñecementos no eido da orientación laboral, coñecer recursos útiles, ferramentas e aplicacións informáticas que poida empregar no meu traballo diario.
Considero que unha forma moi útil de levar a cabo esta aprendizaxe  é traballar  en equipo para aprender dos meus compañeiros/as, intercambiar ideas e, sobre todo, mellorar as miñas competencias e capacidades profesionais. En definitiva, poder prestar un mellor servizo aos meus demandantes.  

2 comentarios: