martes, 23 de septiembre de 2014

Nube de intereses profesionais Alejandra



Boas noites, por fin me decido a publicar a miña nube de intereses profesionais!!! 

Cando vin o montón de imaxes para escoller a forma pensei en que tardaría en decidirme pero cando vin a man non dudei en escollela porque representa moi ben o que pensei ao escoller facer este posgrao de especialización en Orientación Laboral. 

Decidinme a facelo primeiro porque sempre me atraeu este campo profesional, eu proveño do Traballo Social e a miña formación complementaria na que me seguín formando foi o campo da terceira idade e comparando un campo con outro ... pois non ten nada que ver a verdade pero sempre me quedou esa espiniña cravada... e por fin ma quitarei!

A man aberta para min representa unha disposición a recibir e dar cousas novas, formación nun ámbito descoñecido para min, cooperación entre compañeiros e profesionais de distintos ámbitos para xuntos facer mais ameno este camiño e alcanzar unha boa aprendizaxe, mellorar as miñas posibilidades de emprego propias e poder axudar aos demais a que o acaden... e con todo esto un enriquecemento tanto persoal como profesional que estou segura que acadarei.

"ME LO CONTARON Y LO OLVIDÉ; LO VI Y LO ENTENDÍ; LO HICE Y LO APRENDÍ" (Confucio)


No hay comentarios:

Publicar un comentario