martes, 2 de diciembre de 2014

Reflexión individual módulo 3: Marco Instrumental.



Reflexión Individual Módulo 3: Marco Instrumental


Intentando facer un percorrido polos temas tratados no último módulo do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral e comezando polo publicado no Plan Nacional de Acción para o Emprego, onde se consolida a atención individualizada como  a máis adecuada para desenvolver a Orientación Profesional.

E partindo de que o técnico de orientación ten que " acompañar e asesorar ao usuario cara a un fin determinado", falamos de orientación laboral referida a un proceso de asesoramento personalizado na definición do obxectivo profesional de cada participante e de cales son os pasos a seguir para a súa consecución, baseados nos principios de: INDIVIDUALIZACIÓN, FLEXIBILIDADE E DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA.

Os cambios no mercado de traballo son rotundos e aparentemente irreversibles polo que as necesidades de asesoramento fan que se produza un cambio conceptual da orientación laboral, deixando de ser unha serie de accións puntuais, e pasando a ser un proceso organizado, planificado e personalizado realizando accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción (IPIS), e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego, a través dun proceso de construcción de actividades secuenciadas que as persoas atendidas  deben percorrer co fin de facilitarlles recursos que xustifiquen con autonomía o seu propio proceso de inserción laboral,

MOTIVAR  para que se CUALIFIQUEN e melloren  a través dunha cualificación profesional dándolle pautas de: ónde acudir, de cómo presentar un currículo vitae, de cómo plantexar unha entrevista de traballo, de valorar a oferta de formación, de cómo informarse de ofertas de emprego, e
INNOVAR: tratando de dar novas alternativas que os demandantes poidan elixir (necesidades, servizos, etc).
 
E en consonancia co disposto na Estratexia Española de Emprego 2012-2014, as funcións do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego, son:
todas aquelas actuacións e medidas de información, acompañamento, motivación e asesoramento que, tendo en conta as circunstancias persoais e profesionais da persoa beneficiaria, lle permitan determinar as súas capacidades e intereses e xestionar a súa traxectoria individual de aprendizaxe, a busca de emprego por conta allea ou a posta en práctica de iniciativas empresariais.

En concreto:

a) A elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas das persoas demandantes de emprego mediante entrevistas personalizadas, para poderen encontrar ou manter un emprego ou accederen a un novo.

b) A información sobre o mercado de traballo e os incentivos e medios dispoñibles para o fomento da contratación e o apoio ás iniciativas emprendedoras.

c) O deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.

e) A información e orientación sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral para as persoas demandantes de emprego mediante a acreditación oficial da súa cualificación a través de certificados de profesionalidade.

f) A información e o asesoramento ás persoas demandantes de emprego sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego, con acreditación oficial a través do Repertorio de certificados de profesionalidade cando estean vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións, así como dos títulos de formación profesional.

O concepto de itinerario aparece como resposta ás dificultades para a inserción sociolaboral das persoas e colectivos en exclusión e en risco de exclusión. É unha metodoloxía de traballo que se basea na individualización, o acompañamento e a axuda e o compromiso das partes.

O auténtico proceso de orientación iníciase coa entrevista persoal.
Hai que ter en conta que unha das claves da nosa metodoloxía é a personalización da intervención, o que á súa vez require un alto grao de coñecemento das características persoais e as competencias profesionais de cada participante. Por iso, ao longo da entrevista, a persoa que exerce a función orientadora tratará de indagar, non só sobre as cuestións estritamente académicas ou laborais, senón sobre todos aqueles aspectos que forman parte do currículo oculto da persoa e que permitirán valorar cal é o seu punto de partida e o seu nivel de empregabilidade.

Establecemento do obxectivo profesional
Durante esta fase, haberá que afondar tanto na análise das competencias persoais e profesionais de cada participante, coma no coñecemento do mercado de traballo e das oportunidades de inserción que nos ofrece. A partir desta dobre reflexión, a persoa poderá chegar a establecer cales son os seus obxectivos profesionais, a curto, medio e longo prazo.

Elaboración do proxecto persoal
É fundamental que a persoa interiorice cal é o seu proxecto persoal, que o considere algo seu e non imposto polo orientador/a. O proxecto persoal de cada usuario deberá ir encamiñado a superar as súas propias debilidades e, polo tanto, deberá incluír, sempre que se considere necesario, a súa participación nas correspondentes actividades de formación prelaboral e de capacitación profesional.
Unha boa planificación aforrará esforzo e fará máis eficaz a busca de emprego.

CONCLUSIÓNS
A orientación non é un conxunto de accións illadas dentro dun itinerario de inserción, senón que é un proceso coherente que encamiña á persoa cara á consecución da súa integración social e laboral.

O diagnóstico inicial é unha peza clave para articular o proceso de orientación  en función do perfil de empregabilidade da persoa.

Non debemos esquecer nunca de que se trata dun proceso personalizado, único e diferente para cada participante, en función das súas necesidades e expectativas.

O establecemento do obxectivo profesional da persoa é imprescindible para poder elaborar o seu itinerario de inserción.

Para apoiar o desenvolvemento autónomo da persoa é necesario que coñeza e utilice correctamente as principais técnicas  e ferramentas de procura de emprego e que sexa capaz de organizar e xestionar con eficacia o tempo dispoñible para a busca.


Mediante a presente proposta ofertase  dotar a cada un dos usuarios da capacidade para:

-  Facilitar o coñecemento sobre técnicas de búsqueda de emprego e posta en práctica de ditas técnicas. (Cómo canalizar as ofertas de emprego, cómo ofrecerse a unha empresa: autocandidatura, cómo facer unha carta de presentación, cómo facer un CV e diferenciar os distintos tipos, videocurrículum, cv creativo, cv 2.0; networking, búsqueda de emprego por Internet: portais, bolsas de emprego,redes sociais,  etc...).
- Prestar asesoramento para a posta en marcha de accións de autoemprego. Recursos (IGAPE, Rede Eusumo, Oficinas do Empregador, …)
-  Promover a igualdade de oportunidades, favorecendo a ruptura de lóxicas discriminatorias.
-  Despertar interés pola indagación, por resolver problemas, por descubrir cousas novas, por crear, por aprender.
-  Estimular certo “ánimo responsable” por asumir riscos, pero coa capacidade de medir as posibilidades reais e asumir as consecuencias que se deriven.
-  Estimular o afán de superación persoal.
-  Fomentar “intereses de negocio”, especialmente en aquelas áreas consideradas como “novos xacementos de emprego”.  
A partir disto  traballaríamos co  emprendedor que quere iniciar unha actividade empresarial e non coñece o proceso de posta en marcha, explicando as distintas fases do proceso, en que consisten, onde se realizan, en que momento e que implicacións teñen. Facento posible que o emprendedor teña un mapa claro de todos e cada un dos procesos, o que facilitará a elaboración das tarefas que cómpre realizar para elaborar o PLAN de EMPRESA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario